Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 336 novas da área temática Inclusión:

13/12/2025 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación agradece o compromiso do profesorado galego co avance cara a un ensino plenamente inclusivo

Román Rodríguez inaugura a xornada de formación ‘A identificación de barreiras e a accesibilidade á aprendizaxe’, que se celebra hoxe en Santiago 

11/12/2025 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o colectivo AMMIGOBS organizan o vindeiro luns en Lugo unha xornada informativa sobre a interculturalidade e inclusión

Abordará os programas de retorno e a normativa vixente en materia de estranxeiría, e vai dirixida especialmente a persoas traballadoras do ámbito social e colectivos de persoas migrantes asentados na cidade

10/12/2025 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sitúa a Galicia como exemplo de xestión de fondos europeos en materia de inclusión social e destaca o seu impacto na redución do risco de pobreza

Explica que no período 2023-2027 o Goberno galego financiará 1.800 programas en materia de inclusión social e colaborará con máis de 125 entidades e concellos

09/12/2025 | 20:59 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta pon en valor o compromiso da Fundación Celta de Vigo co deporte inclusivo e igualitario

Fabiola García destacou o apoio deste club ás persoas con discapacidade impulsando a súa autonomía, capacidade e integración

04/12/2025 | 21:02 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca o valor transformador da literatura inclusiva na entrega dos I concurso de microrrelatos “Letras inclusivas” da Fundación San Rafael

Nesta primeira edición rexistráronse case 500 microrrelatos, unha cifra que, segundo a delegada, evidencia “a vontade de escribir desde a empatía, a creatividade e o respecto”

03/12/2025 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que máis de 300 familias se beneficiaron dos programas de preservación familiar, que melloran a convivencia na contorna e evitan situacións de desamparo

Un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela revela que estes recursos teñen un impacto positivo no benestar infantil

28/11/2025 | 19:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita ás persoas, entidades e empresas recoñecidas co Distintivo Benestar Social

Destaca a importancia de tecer sinerxías entre as administracións e o terceiro sector para actuar de maneira eficaz e eficiente contra a pobreza e a exclusión