Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 568 novas da área temática Familias:

09/06/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo lembra que o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís está aberto ata o 13 de xuño

O delegado territorial  destacou que  o vindeiro curso será o cuarto consecutivo no que a atención educativa de 0 a 3 anos será de novo gratuíta en todas as escolas infantís de Galicia tanto nas públicas, como nas privadas e nas de iniciativa social

08/06/2025 | 15:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comprométese con Faxpg a seguir traballando para garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade auditiva

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que a Xunta de Galicia destinou a esta entidade máis de 1.5M€ no último ano para impulsar iniciativas destinadas ás persoas xordas

08/06/2025 | 11:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica mañá no DOG a orde de axudas a entidades de iniciativa social para financiar programas e servizos no ámbito da inclusión

O orzamento desta nova convocatoria é de case 21 millóns de euros, un 6% máis que a anterior, e a súa vixencia é para o período 2025-2027.

07/06/2025 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita á residencia pública Torrente Ballester ao recibir o certificado de Aenor que acredita a calidade da súa atención e servizos

Sinala que o mérito desta acreditación recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores

07/06/2025 | 11:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o compromiso de Down Coruña coa inclusión social e laboral das persoas con discapacidade

Felicita á entidade por poñer en marcha “un proxecto exitoso e de referencia, que combina gastronomía e inclusión”

05/06/2025 | 17:13 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos afirma que a Xunta seguirá apostando por políticas rigorosas, responsables e prudentes que contribúan ao benestar das familias e apoien ás empresas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou a Asemblea Anual da Asociación Nacional de Establecementos Financeiros de Crédito

05/06/2025 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia é a comunidade con mellores indicadores de pobreza

A taxa AROPE situouse no 18’8% na comunidade galega segundo o último informe publicado pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza  e a Exclusión Social (EAPN)

05/06/2025 | 13:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Arranca con forza a campaña do Bono Activa Comercio en Pontevedra

O delegado territorial visitou varias tendas do centro pontevedrés e corroborou a satisfacción dos comerciantes coa iniciativa

04/06/2025 | 10:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que as familias xa poden solicitar as achegas económicas para coidadores do programa Respiro Familiar

A través desta convocatoria fináncianse estadías temporais en residencias ou a contratación de servizos puntuais en centros de día ou a atención dun coidador no propio domicilio