Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.456 novas da área temática Sanidade:

26/03/2026 | 17:41 | C. de Sanidade
26/03/2026 | 12:42 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a posta en servizo a finais do verán do centro de saúde de Conxo, completamente renovado cun investimento da Xunta de 5,8 M€

O conselleiro subliña que os traballos acadan preto do 70 % de execución e que, tras o remate das obras no mes de xuño, comezará a instalación do mobiliario e do equipamento, no que a Xunta inviste 600.000 euros

26/03/2026 | 12:26 | C. de Sanidade
26/03/2026 | 12:05 | C. de Sanidade

A Xunta participa no ‘Encontro Interautonómico sobre Cribado de Cancro de Próstata’ destacando o seu liderado neste campo co proxecto piloto PRAISE-U

Este encontro coloca Galicia como referente en saúde pública preventiva entre comunidades, xerando evidencia compartida para un cribado nacional equitativo e eficiente

26/03/2026 | 11:17 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 2,04 % na Sanidade Pública Galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

25/03/2026 | 18:14 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a aposta de Galicia pola enfermería en saúde mental, coa incorporación de 32 novos profesionais e 21 prazas para iniciar a formación especializada neste 2026

O máximo responsable da Sanidade galega remarcou que a psicoenfermería ocupa un lugar estratéxico no coidado preventivo e na recuperación integral dos pacientes

25/03/2026 | 16:41 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o liderado de Galicia na transformación dixital do control oficial da cadea alimentaria

A participación de Galicia no encontro produciuse por invitación expresa da Axencia Española, co obxectivo de compartir unha boa práctica recoñecida a nivel estatal

25/03/2026 | 16:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia pon o foco no benestar laboral e no pulo a prácticas empresariais sostibles e responsables

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participa na apertura do Tour AB Talks baixo o lema Benestar laboral e alto rendemento empresarial, promovido polo Congreso Ágora Bienestar e Valorian

25/03/2026 | 15:28 | C. de Sanidade

A Xunta salienta que a planta de coidados paliativos do Hospital de Piñor dispón dos medios para ofrecer a mellor atención coas máximas garantías

O titular da carteira sanitaria salienta que a reorganización de servizos derivada das obras de melloras no CHUO asegura o seu correcto funcionamento

25/03/2026 | 13:16 | C. de Sanidade

A Xunta resalta o acordo acadado xa con 6 sindicatos para a mellora da atención primaria en Galicia e chama á ministra de Sanidade a negociar de verdade sobre o Estatuto Marco

As negociacións entre a Consellería de Sanidade e o sindicato médico O’Mega permiten poñerlle fin ao paro indefinido de facultativos que provocou a suspensión de máis de 72.000 consultas en centros de saúde desde o pasado 2 de marzo