Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 606 novas da área temática Familias:

15/03/2025 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas

Fabiola García sinala que os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril

15/03/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 123.000€ o novo Punto de Atención á Infancia de Rois que abrirá as súas portas o vindeiro curso

Fabiola García puido comprobar o bo avance da actuación, que está xa practicamente rematada e que contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

15/03/2025 | 11:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais da logopedia nos equipos de atención temperá

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no acto conmemorativo do Día Europeo da Logopedia

12/03/2025 | 19:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía coa Asociación de escolas infantís de Ourense o desenvolvemento deste curso, o terceiro desde que en Galicia se implantou a gratuidade nesta etapa educativa

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sinala que esta medida beneficia a máis de 32.000 familias galegas e permítelle aforrar ata 3.000 euros ao ano

12/03/2025 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia a mellora do edificio vigués ‘A Gota de Leite’ para ampliar a escola infantil e abrir a primeira unidade de atención postemperá pública de Galicia

Resalta que este enclave “emblemático e senlleiro” de Vigo vai “manter a súa esencia” ao converterse nun centro de atención integral ás familias

06/03/2025 | 19:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a nova residencia de Aspanaex en Vigo entrará proximamente en funcionamento

A Administración galega colaborou con este entidade social con máis de 2 millóns de euros na construción deste complexo

28/02/2025 | 21:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asiste á representación da obra de teatro ‘Soños’, sobre adolescentes que están no sistema de protección de menores

O Goberno galego destaca a importancia destas iniciativas para dar visibilidade á situación destes mozos e mozas e para rematar coa súa estigmatización

20/02/2025 | 16:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que o programa Xuntos xa está consolidado como un referente na promoción do envellecemento activo

Antón Acevedo destacou que este ano se recibiron máis de 430 solicitudes para as 270 prazas que se ofertan nas dúas Residencias de tempo libre do Executivo galego

14/02/2025 | 18:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a cultura audiovisual desde idades temperás coa novena edición de ‘Pequefilmes’

López Campos sinala que esta proposta “cultiva tanto o gusto polo audiovisual como o espírito crítico da cativada”

13/02/2025 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o servizo gratuíto e personalizado que ofrece a Udiaf Deza, que atende ao mes a unha media de 90 familias da comarca

A Udiaf Deza é unha das catro unidades coas que conta a Asociación Galega de Atención Temperá e que a Xunta financia integramente con 736.000€ anuais