Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.946 novas da área temática Infraestruturas:

14/10/2025 | 17:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue aborda co alcalde de Lugo a mellora da rúa Serra de Meira, na que se estima un investimento de máis de 900.000€

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou o compromiso da Xunta con esta actuación do Plan Paradai e presentou ao rexedor a proposta de convenio para a súa execución

14/10/2025 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/10/2025 | 16:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste 44.600 euros na mellora da seguridade viaria e da iluminación do polígono industrial de Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a modernización das infraestruturas contribúe á fixación de empresas e á creación de emprego

13/10/2025 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o proxecto de trazado do desdobramento do treito Nadela-A Pobra de San Xiao, que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

Rueda enmarca esta medida no gran esforzo do Executivo autonómico en materia de infraestruturas viarias e salienta que esta vía dará servizo a 100.000 veciños

13/10/2025 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 223.000 euros en cinco concellos da comarca da Ordes para a mellora das súas infraestruturas de uso público

A delegada da Xunta, acompañada polos alcaldes de Frades e Oroso, comprobou as melloras executadas de renovación do viario de Castiñeiro a Redondo que contaron cunha axuda da Xunta de máis de 47.000 euros

13/10/2025 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o comezo das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, que suporán un investimento de preto de 1,5 M€

Manuel Pardo salientou que os traballos abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros desta estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso

13/10/2025 | 12:12 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta financia con preto de 30.000 euros a recuperación e embelecemento de cinco glorietas do paseo litoral da praia da Madalena, en Cabanas

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá o resultado dos traballos que está a acometer o Concello grazas a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia

11/10/2025 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de renovación extraordinaria do pavimento da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns

Executase a nova capa de rodaxe entre o viaduto sobre o río Barbantiño e o enlace con OU-402 e A-52, na súa calzada esquerda (de Ourense a Santiago); e se inclúe o fresado do firme sobre os viadutos sobre a N-120, en Santa Cruz de Arrabaldo, e sobre o río Miño

10/10/2025 | 17:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
10/10/2025 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia logra unha fábrica europea de intelixencia artificial cun orzamento de 82 M€ que acelerará a investigación e a innovación no ambito da saúde

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e a presidenta do CSIC, Eloísa del Pino, celebran como un fito histórico a concesión ao Cesga deste proxecto