Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 716 novas da área temática Transporte:

14/04/2026 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos concellos da área da Coruña as melloras do transporte metropolitano

A reunión enmárcase no compromiso do Goberno galego de reforzar o diálogo cos municipios no seo da ATM da Coruña

14/04/2026 | 12:47 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que as deputacións provinciais se impliquen tamén na proposta coordinada por Aena para captar novas rutas aéreas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe con representantes dos organismos provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra para abordar a postura do Goberno galego neste obxectivo

13/04/2026 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta proponlle ao concello de Cangas de Morrazo a implantación dun servizo de interese municipal para reforzar o transporte durante o verán

A directora xeral de Mobilidade reuniuse hoxe coa alcaldesa para abordar as necesidades de mobilidade do municipio como é o caso da implantación dun SIMU para dar resposta aos desprazamentos con Donón e Vilanova na época estival

12/04/2026 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia mañá os traballos de campo para a avaliación anual da calidade da rede de autobuses interurbanos

A campaña recollerá máis de 16.000 enquisas e observacións, incluíndo 13.200 cuestionarios a persoas usuarias

11/04/2026 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 3,5 M€ a renovación do firme en 10 estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos da provincia da Coruña

Trátase de actuar nas estradas VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras

09/04/2026 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reorganiza desde o 13 de abril o transporte interurbano na Coruña a raíz da peonalización de Entrexardíns

Todos os servizos de transporte público interurbano con parada en Entrexardíns pasarán a operar desde a parada do Teatro Colón 

09/04/2026 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia unha rolda de xuntanzas con diversas entidades para presentar a postura autonómica na captación de novas rutas aéreas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe a primeira das reunións previstas, na que participaron representantes dos sectores empresarial e turístico de Santiago de Compostela

07/04/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda a problemática do servizo de taxi no aeroporto de Alvedro e tamén propón a creación dunha área de prestación conxunta na área metropolitana da Coruña

No encontro abordouse establecer un réxime específico temporal que permita a todos os taxistas titulares das licenzas domiciliadas no Concello da Coruña a prestación do servizo durante o peche do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro entre o 23 de abril e o 27 de maio

04/04/2026 | 10:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá este mércores a inscrición na nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos

Nesta primeira convocatoria do 2026 celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 9 de maio en Santiago de Compostela, o 16 de maio no Porriño, o 23 de maio en Silleda e o 31 de maio en San Cibrao das Viñas

01/04/2026 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A AC-012 na Coruña reabrirá ao tráfico esta medianoite, ao acometerse a demolición do viaduto

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou as obras, que progresaron con maior axilidade do previsto