Actualidade
Buscador de novas
Galicia supera as 877.000 persoas vacinadas fronte á gripe e mellora a cobertura da inmunización en todos os grupos da poboación á que se dirixe a campaña
O incremento de vacinación máis notable acádase entre o persoal sanitario, cun 66,13 % de cobertura actual, 12 puntos por riba da temporada pasada
O Servizo Galego de Saúde convoca concursos específicos para o ingreso nas categorías estatutarias de enfermeiro de xeriatría e de médico de hospitalización a domicilio
Convócanse un total de 14 prazas para a especialidade de enfermería xeriátrica e 23 para a categoría de médico de hospitalización a domicilio
Gómez Caamaño subliña que a integración no Sergas das unidades municipais de drogodependencia reforzará a atención a máis de 7.100 pacientes ao ano
O titular da carteira sanitaria remarca que a Xunta dedicará este ano máis de 4,8 millóns de euros a financiar estes dispositivos
Galicia mantén unha intensidade baixa e tendencia decrecente na onda epidémica da gripe, fronte á que se vacinaron nesta campaña máis de 876.000 persoas
Gómez Caamaño destaca o incremento da cobertura vacinal nos maiores de 65 anos, no persoal sanitario e en embarazadas
O Sergas publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino dos seleccionados en procesos de concurso e de concurso-oposición
Resultan nomeados 7 profesionais na categoría de médico de urxencias hospitalarias para cubrir postos de difícil cobertura
A Xunta licita por máis de 6,1 M€ a compra centralizada de uniformes e calzado para o persoal do Servizo Galego de Saúde
Trátase da primeira compra centralizada deste tipo de material, coa que se agarda acadar un aforro anual de 266.630 euros
A Xunta licita por 1,6 M€ o servizo de limpeza do Hospital Público de Cee
As empresas interesadas neste contrato dispoñen ata o 16 de febreiro para presentar as súas ofertas
A Xunta publica a Lei de protección da saúde que converterá Galicia na primeira comunidade en prohibir o consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores
Entrará en vigor en dous meses e situará Galicia á vangarda na prevención ao equiparar os vapeadores co tabaco e as bebidas enerxéticas co alcohol
A Xunta licita por máis de 250.000 € a redacción do proxecto de execución e dirección de obra da reforma da área de reprodución asistida no Hospital Meixoeiro de Vigo
A obra forma parte das actuacións previstas no Plan galego de reprodución humana asistida que recolle melloras nas prestacións actuais e novas prestacións que transformarán a carteira de servizos de reprodución asistida de Galicia na máis ampla a nivel estatal
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue afronta a recta final da campaña de Nadal agasallando aos doantes cunha porción de roscón de Reis
A iniciativa “Doa Sangue. O mellor agasallo” culmina esta semana con visitas ata unha trintena de concellos galegos