Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana avanza que o ano que vén comezarán as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán
Apunta que contarán cun orzamento de 17,3 M€ ata 2026 e que a idea é construir un hotel de catro estrelas, un área de exposicións na planta baixa, un espazo multiusos para eventos, salas de coworking para empresas do sector forestal, e rutas guiadas polos xardíns
A Xunta mellora o mapa sobre o índice de risco de incendios por concellos e previsións a tres días en base á información proporcionada por MeteoGalicia
Ángeles Vázquez e María José Gómez salientan que esta iniciativa se enmarca na colaboración vixente entre ambos departamentos para favorecer a detección temperá de fenómenos meteorolóxicos adversos e así optimizar a xestión dos lumes
O Plan de incendios forestais (Pladiga) conta este ano con máis de 7.000 efectivos e 34 cámaras de vixilancia permanente
O delegado territorial presidiu esta mañá o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Pontevedra no que participaron todos os organismos involucrados na loita contra o lume
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira
O lume iniciouse ás 20,38 horas de hoxe e afectou unha superficie de 0,25 hectáreas de monte arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Medio Rural pon en valor o dispositivo de loita contra os incendios forestais galego nun encontro Euromediterráneo en Francia
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou nunha mesa redonda enmarcada na xuntanza da Asemblea Rexional Local do Euromediterráneo celebrada en Carcasona
María José Gómez destaca a elaboración do Plan de fomento das masas de coníferas na clausura do Padroado da Fundación Arume
A conselleira avanzou que se está a formular o Plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas xunto coas universidades de Santiago e Vigo, para promover esta especie considerando aspectos económicos, ambientais e de sustentabilidade
Medio Rural salienta a importancia do sector forestal galego a nivel nacional e internacional na VII feira Galiforest Abanca
A conselleira participou esta mañá na inauguración deste evento, que está consolidado como o maior certame forestal do país
A Consellería do Medio Rural informa aos veciños interesados do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra do Miño
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios
A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial para a vixilancia e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais