Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.823 novas da área temática Educación:

05/08/2026 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licitará este ano a rehabilitación integral do colexio Camiño de Santiago, no Pino, por 1,3 M€

Renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións de polo menos un 30%

05/08/2026 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o potencial do CIFP de Coia a prol da formación flexible e á carta do mercado laboral en sectores estratéxicos como a automoción

José González destaca o modelo de formación para o emprego que promove a Xunta, que aposta por facela áxil, flexible e conectada coas necesidades do tecido produtivo co fin de responder ao reto da cobertura de vacantes

04/08/2026 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o avance das obras de construción do colexio Gerardo Fernández Albor, que abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación comprobou os traballos do novo centro do Milladoiro, que prosiguen a bo ritmo, polo que se mantén a previsión de que estea rematado antes de setembro do ano que vén

04/08/2026 | 10:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca un curso para formar policiais locais como pilotos de drons e radiofonistas

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a iniciativa, que se desenvolverá de outubro deste ano a marzo de 2027

01/08/2026 | 09:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con 300.000€ cunha trintena de proxectos didácticos en galego

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas para fomentar a elaboración e publicación de recursos curriculares non universitarios na nosa lingua

31/07/2026 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 1,4 M€ na remodelación completa do colexio plurilingüe de Nadela

Actuarase sobre os catro edificios que compoñen o centro co obxectivo de mellorar o confort da comunidade educativa e a eficiencia enerxética das instalacións

31/07/2026 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de 17 entidades sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego

Con esta medida, enmarcada no compromiso coa atención á diversidade da poboación escolar, o Goberno galego cubre o 100% do gasto derivado dos traslados

31/07/2026 | 11:52 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo visita aos participantes no plan de corresponsables de trazo que permite atender as necesidades de conciliación dos seus veciños

Esta é unha das  iniciativas levadas a cabo en 64 entidades da provincia da Coruña para favorecer a conciliación, que a Consellería de Política Social e Igualdad, financia con máis de 2,3 millóns de euros a través do Plan Corresponsables no ámbito local

30/07/2026 | 16:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a relevancia do traballo do IDEGA para o desenvolvemento de Galicia nos últimos 50 anos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa, xunto á reitora da USC, no acto conmemorativo das cinco décadas do centro

30/07/2026 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo supervisa as obras realizadas no CPI Viaño Pequeno que contaron cun orzamento total de case 65.000€ para mellorar a súa funcionalidade

Concretamente, neste centro educativo as intervencións permitiron mellorar tanto a conservación do edificio como a seguridade das instalacións, dando resposta a distintas necesidades detectadas no centro