Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana destaca as achegas que as empresas tecnolóxicas poden facer á industria da seguridade e a defensa
Balidea foi unha das 52 beneficiarias da liña de axudas para certificacións (1,5 M€) que a Xunta convocou por primeira vez este ano, e que é unha das medidas que recolle a Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) para as empresas que queiran dar o salto cara a esta industria
O Centro Dramático Galego presenta ‘A culpa’, un espectáculo coproducido con estudo momento que integra teatro e música sinfónica
A compañía pública participa nesta adaptación da novela homónima de María Solar, Premio Xerais 2022, que se estreará o 7 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol
A Xunta inviste 450.000 euros no taller de emprego de Viveiro, centrado na mellora de espazos públicos e na creación dun parque canino na Xunqueira
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destaca que os obradoiros duais permiten promover obras e servizos nos concellos, ao tempo que fomentan o emprego a nivel local
A Xunta consolida o impulso á proxección exterior da música galega a través de 12 novos concertos no circuíto ‘AIEnRUTa’
A colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa Sociedade de Artistas, Intérpretes ou Executantes garante a participación de tres artistas ou bandas galegas en cada semestre desta rede estatal
A Xunta impulsa a formación especializada no eido da construción en madeira a través da liña de axudas Xera-Savia
Destaca o compromiso do Goberno galego para incorporar de xeito progresivo o emprego deste elemento nas edificacións que promova ou execute a Administración pública ata acadar o 20 %
A Xunta licita por preto de 30 M€ as obras de construción de 168 vivendas de promoción pública en Lugo, que se destinarán á compra
A Plataforma de Contratos recolle hoxe a licitación destes traballos, e as empresas poderán presentar ofertas ata o 20 de outubro
Belén do Campo anima aos establementos turísticos a solicitar as axudas da Xunta de 9 M€ para a mellora da eficiencia enerxética dos seus establecementos
A delegada da Xunta informou que os establecementos interesados poderán solicitar as axudas desta convocatoria desde o próximo luns 7 de setembro, ata o 7 de decembro deste ano agás que se esgote antes o crédito
Stellantis Vigo supera a barreira das 80.000 doazóns de sangue desde o inicio das campañas da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
A factoría viguesa rexistrou un total de 492 doazóns de sangue durante a terceira visita anual das unidades móbiles da ADOS que tivo lugar os pasados 1, 2 e 3 de setembro
Gómez Caamaño celebra a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco
Avanza o traballo conxunto coa Fegamp para deseñar unha normativa dirixida a regular as sancións nas praias sen fume e reforzar a loita contra o tabaquismo