Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 974 novas da área temática Territorio:

29/04/2026 | 14:23 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño lamenta o inmobilismo da ministra de Sanidade ante as folgas médicas contra o Estatuto Marco, que desde decembro provocaron a suspensión de 193.000 actos médicos

Na xornada de onte martes, suspendéronse 201 cirurxías, 5.052 consultas hospitalarias, 1.020 consultas de atención primaria e 626 probas diagnósticas

28/04/2026 | 11:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conciencia as novas xeracións en Vigo sobre a elección profesional sen prexuízos de xénero con exemplos do sector metalmecánico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participaron esta mañá no CPR Montesol nunha xornada no marco do programa ‘Que non te líen, ti elixes’, impartida por Asime

28/04/2026 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 150.000 euros, dirixida ás ONGD e a outros axentes de cooperación para o desenvolvemento

27/04/2026 | 16:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para reunirse coa colectividade galega e con expertos do sector sénior

A conselleira de Política Social e Igualdade compartirá cos galegos no exterior as políticas públicas da Xunta para fomentar o envellecemento activo e facilitar a conciliación familiar

25/04/2026 | 17:55 | C. do Mar
25/04/2026 | 14:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa o talento de escritores emerxentes coa VI Residencia Literaria da Cidade da Cultura

A estadía creativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrece 10 prazas, sete delas para menores de 35 anos, e desenvolverase do 29 de xuño ao 11 de xullo

25/04/2026 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 13.993 alumnos incorporaranse a 4º de infantil o vindeiro curso, cun 31,6% das prazas libres

Román Rodríguez destaca que, segundo os datos provisionais de admisión no proceso de escolarización, case o 97% do alumnado obtén praza no centro escollido

23/04/2026 | 15:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta consolida a posición de Galicia como referente do Estado en ciberseguridade aplicada ao transporte

A creación, no marco dun RETECH interrexional, de seis laboratorios e centros demostradores, os programas de formación en FP, a actividade do nodo CIBER.gal ou a creación do centro de ciberseguridade de Ourense reflicten esta especialización

23/04/2026 | 14:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende unha minería comprometida coa sustentabilidade, a seguridade e a innovación

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe a Asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos (Arigal)