Plans e programas anuais/plurianuais
Ten dispoñibles para consulta 20 actuacións:
- 1
- 2
Estratexia Galega de Inclusión Educativa. EduInclusión 2030
A Estratexia Galega de Inclusión Educativa, EduInclusión 2030, é o documento de referencia en inclusión educativa e establece as liñas estratéxicas de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
Plan Integral de Benestar Dixital
O Plan Integral de Benestar Dixital de Galicia nace da convicción de que a tecnoloxía pode e debe ser unha aliada do desenvolvemento humano, pero require gobernanza, educación e corresponsabilidade. A protección da infancia no ámbito dixital non é responsabilidade exclusiva das familias ou da escola: é unha tarefa colectiva e compartida que implica tamén á Administración, ás empresas tecnolóxicas, aos medios de comunicación e á sociedade no seu conxunto.
Plan EDUC-ART
O Plan EDUC-ART establece a planificación e liñas de actuación para a actualización e mellora das ensinanzas artísticas en Galicia durante o período 2025/2030
Plan FPGal360
Plan de Orientación profesional integral para guiar á cidadanía na súa toma de decisións educativas e profesionais desde idades temperás e ao longo de toda a vida, co obxectivo de reducir o abandono escolar temperá, e incrementar a cualificación da poboación xove.
Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar
O Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar é o marco xeral que cumprirá desenvolver para pór á disposición da comunidade educativa os mecanismos precisos para resolver calquera situación que poida alterar a convivencia nos centros educativos ou o benestar do alumnado, cun enfoque multidisciplinar e desde unha perspectiva construtiva, con actuacións concretas dirixidas a abordar e erradicar este problema.
Estratexia de Educación Dixital 2030
Estratexia para a Educación Dixital 2030 en Galicia que, a través de dous eixes, catro ámbitos de actuación e 12 accións de impacto, busca fomentar o ecosistema educativo dixital e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais das comunidades educativas.
Plan Conecta FP Galicia
Plan de colaboración público-privada, co obxectivo principal de deseñar e planificar unha oferta de formación profesional do sistema educativo que dea resposta á rápida evolución do sector produtivo e á necesidade de contar con persoas coa capacitación adecuada para facer fronte ao importante relevo xeracional que se está producindo.
Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025
A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 é o documento de traballo no que se trazan as liñas xerais da convivencia escolar para o horizonte 2025
Plan LÍA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares de Galicia para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe
No ano 2010, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentaba no Parlamento de Galicia o Plan LÍA 2010-2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, co que se pretendía dar resposta ás necesidades de avance que neste terreo se viñan manifestando, logo dun período de iniciativas da consellería en relación coas bibliotecas escolares e o fomento da lectura no ámbito educativo.
Plan galego de financiamento universitario 2022-2026
O Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026 responde aos principios de estabilidade financeira, suficiencia, eficiencia e equidade institucional e territorial. Nel inclúense os recursos precisos para converxer coas medias estatais e europeas de servizo público en ensino superior universitario.
- 1
- 2