ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Chave365
  • whatsapp
...

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Alta de usuario

Para empregar Chave365, o cidadán ten que darse antes de alta. Pode facelo por dúas vías:

  • De maneira electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesita ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou o DNI electrónico.
  • De maneira presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365. Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI ou TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

A validez do usuario de Chave365 é de catro anos desde a alta. Transcorrido ese período, será necesario solicitar a renovación a través do procedemento de alta.

Onde solicitar presencialmente Chave365

Consulte nesta páxina a relación de órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

Máis información

Nesta páxina pode informarse sobre como funciona Chave365 e resolver as súas dúbidas consultando as preguntas frecuentes.

Na sede electrónica dispón ademais do acceso aos formularios de modificación dos datos e de baixa en Chave365.