abalarMóbil
Unha nova ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.
A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.
Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Acceder aos datos persoais
- Consultar as cualificacións
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Consultar as faltas de conduta
- Solicitar unha cita de titoría
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado
- Modificar o idioma da aplicación
A aplicación funciona xa en 236 centros das 4 provincias galegas, de maneira que está dispoñible para 82.000 familias.
Nos próximos meses o funcionamento de abalarMóbil ampliarase paulatinamente ao resto dos centros educativos. A previsión, unha vez que se alcance o pleno funcionamento, é que se atope dispoñible para preto de 500.000 pais e nais.