Outras preguntas frecuentes

Sinatura con Chave365

Unha vez que o usuario está dado de alta, para operar con Chave365 só necesitas ter a man o teléfono móbil que asociaches ao teu NIF no formulario de alta. No momento de asinar unha operación recibirás unha mensaxe cunha clave de sinatura. Esa clave é para un só uso: serve para o procedemento para o que o solicitaches e só se pode usar unha vez, nun prazo de tempo de 24 horas. Pasado este tempo, poderás solicitar unha clave nova.

Se non recibes no teu móbil a mensaxe coa clave de sinatura en poucos minutos, podes solicitar o reenvío da mensaxe seguindo as instrucións que aparecerán na propia pantalla da sede electrónica onde deberás introducir a clave de sinatura.

Se esgotados os reintentos segues sen recibir a clave de sinatura, podes poñerte en contacto:

  • Co soporte técnico a través da canle de WhatsApp habilitada na sede electrónica ou a través do formulario “Asistente en liña”.
  • Tamén podes poñerte en contacto co servizo do 012.

En caso de que a mensaxe fose enviada pero non recibida, deberás contactar co teu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do teu terminal no que respecta a “SPAM / Non desexado”. No estranxeiro, e en función da túa configuración de roaming, poida que non recibas mensaxes SMS no móbil.

Si, podes presentar unha solicitude en nome doutra persoa sempre que achegues coa presentación unha autorización, poder ou calquera outro documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito. Na sede electrónica dispós dun modelo de documento acreditativo de representación.

Lembrámosche que se introduces tres veces consecutivas a clave de firma de xeito erróneo, o usuario de Chave365 bloquéase. Para máis información podes consultar a pregunta "Bloqueóuseme o acceso con Chave365. Por que?".

No propio formulario figuran as indicacións para solicitar de novo o envío da devandita clave. Lembrámosche que terás ata tres intentos de envío sobre ese mesmo borrador. Antes de superar os intentos, ou ben agarda 24 horas ou ben inicia un novo borrador e tenta a firma sobre ese.

Dobre factor de autenticación (2FA)

O dobre factor de autenticación (2FA) é unha capa adicional de seguridade que complementa o uso dun contrasinal. O seu obxectivo é asegurarse de que a persoa non só coñece o contrasinal para acceder ao servizo, por exemplo á sede electrónica, senón que ademais é quen di ser achegando no proceso de login información sobre algo que só ela posúe.

No noso caso, e aplicado a Chave365, estes dous factores serían o contrasinal e un código dun só uso que se envía por SMS.

O código recibido ten unha validez de tan só 5 minutos. Transcorrido ese tempo estará caducado.

Tes ata tres intentos. Se o escribes mal tres veces bloquearase o teu usuario e deberás desbloquealo. Para máis información podes consultar a pregunta "Bloqueóuseme o acceso con Chave365. Por que?".

Dentro do  apartado "O meu perfil" / "Preferencias", marcando o selector “Desexo activar a identificación reforzada para Chave365”.

Recibirás un código dun só uso, e composto por 6 díxitos, mediante un SMS enviado ao número de teléfono que teñas asociado ao teu usuario de Chave365, ou un correo electrónico para os/as usuarios/as de Chave365 que sexades non residentes.

Lembra que podes actualizar os teus datos de contacto dentro da sede electrónica, no apartado "O meu perfil" / “Datos persoais”.

Se pasados uns segundos tras poñer o teu usuario e contrasinal de Chave365 segues sen recibir o código de 6 díxitos mediante SMS, podes volver solicitalo na mesma páxina na parte inferior da xanela que aparece.

Se aínda así segues sen poder acceder, podes poñerte en contacto:

  • Co soporte técnico a través da canle de WhatsApp habilitada na sede electrónica ou a través do formulario “Asistente en liña”.
  • Ou podes poñerte en contacto co servizo do 012.

Máis preguntas frecuentes

Se non recibes a mensaxe no móbil coa clave de acceso provisional en poucos minutos, podes poñerte en contacto co soporte técnico a través da canle de WhatsApp habilitada na sede electrónica, a través do formulario “Asistente en liña” ou en contacto telefónico co servizo do 012 para confirmar que foi enviada. No caso de que fose enviada pero non recibida, deberás contactar co teu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do teu terminal.

Como medida de seguridade e para evitar o acceso de terceiros non autorizados, o sistema bloquea o usuario de Chave365 nos seguintes casos:

  • Ao introducir ata en 6 ocasións consecutivas o usuario ou a clave equivocados para identificarse.
  • Ao introducir ata en 3 ocasións consecutivas a clave de sinatura nun proceso de sinatura.

Para desbloquear o teu usuario deberás facelo por unha das seguintes canles:

  • Certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve, accedendo ao teu perfil de Chave365 e premendo en “Rexeneración da clave”. Ao premer, enviarase unha nova clave de acceso ao teu teléfono móbil.
  • Por videoidentificación, cubrindo o formulario de Chave365 dentro do Asistente en liña de administración electrónica. Unha vez enviado o formulario, o persoal técnico remitirache as instrucións para facer a videoidentificación. Finalizado o proceso e validado, será remitida a nova clave ao teléfono móbil que teñas definido/asociado ao teu usuario.
  • Presencialmente, nalgún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

Se perdiches o móbil e queres evitar que alguén poida usalo para identificarse no teu nome na sede electrónica a través de Chave365, debes chamar o antes posible ao 012 e solicitar que se bloquee o teu usuario. No 012 realizaranche unha serie de preguntas para confirmar a túa identidade.

Para poder facer a presentación por vía telemática é preciso que teñas instalado no navegador empregado un certificado dixital válido e en vigor ou un DNI electrónico co correspondente lector de tarxetas ou Cl@ve; en caso contrario, terás que optar pola solicitude presencial nos lugares habilitados.

Para poder modificar ese dato terás que acudir de maneira presencial aos lugares habilitados para a xestión de Chave365 ou, como alternativa, se tes certificado dixital ou DNI electrónico ou Cl@ve, podes proceder a dar de baixa o teu usuario e volver xestionar de novo a alta cos datos correctos.

Se non podes acceder a É-Saúde empregando as claves de Chave365, proba a acceder á sede electrónica con Chave365. No caso de que non obteñas erro, debes verificar co teu centro de saúde que teñas activo o acceso a eSaude. Recorda que tamén podes acceder a eSaude co certificado dixital ou co DNIe.