ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Como modifico a miña clave de acceso?

A clave de acceso ten que modificarse no primeiro acceso ao sistema e, como mínimo, 1 vez ao ano, para ofrecer as garantías de seguridade axeitadas.

Cambio de clave no primeiro acceso

Xestionada a alta do teu usuario e recibida a clave a partir dun SMS no teléfono móbil indicado no formulario, será preciso que acudas á “Área Privada” da sede electrónica ou ben que empregues a app XuntaEu. Introduce tanto o teu NIF coma a clave recibida e, posteriormente, preme en “Entrar”.

Cambio de clave no primeiro acceso

A continuación, encontrarás a seguinte mensaxe informativa:

Cambio da clave

Premendo en “Cambiar clave” xa estarás en disposición de introducir a devandita información. A nova clave debe ter como mínimo 6 díxitos, entre letras e números.

Formulario de cambio da clave

Preme en “Cambiar clave” e o teu contrasinal xa estará modificado. 

Con isto, pecha o navegador e volve abrilo para seguir empregando a sede accedendo a partir da nova clave.

Clave modificada

Cambios de clave posteriores ao primeiro acceso

Podes modificar a clave dende a app XuntaEu, dentro da sección “Chave365 Activo”, ou ben a partir da “Área Privada" da sede electrónica

1. Introduce o teu NIF (DNI ou NIE) e a clave de acceso de Chave365. Se tes certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve, tamén podes empregalo para acceder.

Cambio de clave no primeiro acceso

2. Preme en “O meu perfil” e, posteriormente, en “Chave365”.

Perfil

3. Nesta sección terás dispoñibles os teus datos referentes a Chave365, sendo necesario para este caso premer en “Cambiar clave”.

Cambiar clave no perfil

4. A continuación, introduce o teu contrasinal actual, un novo contrasinal e repite ese novo contrasinal. Lembra que o novo contrasinal deber ter como mínimo 6 díxitos, entre letras e números.

Formulario de cambio da clave 2

5. Preme en “Cambiar clave” e o teu contrasinal xa estará modificado. A continuación, pecha o navegador e volve abrilo para empregar a nova clave.

Lembra que, transcorrido 1 ano, se non cambiaches a túa clave de acceso, dispós de 5 intentos para facer o cambio en https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/perfil/chave365. Unha vez consumidos eses 5 intentos, non se permitirá o acceso.