pescadeRías ¿de onde se non?
A app que identifica e localiza os produtos procedentes da pesca artesanal galega.
Esta aplicación móbil foi desenvolvida pola Consellería do Mar para dar a coñecer a marca pescadeRías ¿de onde se non? Se a descargas poderás acceder a un directorio de lonxas e empresas certificadas e de restaurantes e comercios adheridos a ela, así como ao catálogo de especies que ampara. Ademais, inclúe receitas e noticias relacionadas coa pesca e o marisqueo.