Museo de Belas Artes da Coruña

Aplicación móbil para aproveitar ao máximo a visita ao Museo de Belas Artes da Coruña.

A app do museo facilita a visita polas súas salas expositivas. A xeolocalización de interiores determina en que punto está o/a visitante dentro da sala e durante o seu percorrido amósalle información das obras expostas, dos puntos de interese máis próximos e das mostras temporais que está acollendo o museo.

As persoas usuarias tamén poden acceder a un amplo servizo de contidos adicionais, como audiovisuais, material extra ou fichas de catalogación, e consultar datos prácticos, como a situación de ascensores, aseos e saídas de emerxencia.

Descarga