Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.839 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

06/02/2026 | 12:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta colabora co Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, que se celebra do 14 ao 17 de febreiro

Ademais da saída do Oso, o programa conta coas tradicionais Madamas e Danzantes, os Disfraces de Campo, o pregón do antropólogo Rafael Quintía, teatro popular e actuacións musicais todos os días

06/02/2026 | 12:25 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reafirma a importancia do turismo como motor estratéxico da economía galega tras un 2025 histórico

A rendibilidade do sector medrou o 7% e situouse no valor mais elevado da serie histórica

04/02/2026 | 14:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre mañá a convocatoria do Plan Director de Patrocinios para a programación do Xacobeo 2027

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio desta medida para proxectos vinculados á programación oficial, incluíndo iniciativas preparatorias en 2026, as de 2027 e as que, pola súa continuidade, poidan estender o seu impacto durante 2028

03/02/2026 | 15:30 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda anima ás empresas e á sociedade civil a implicarse no Xacobeo 2027 para convertelo nun evento histórico

A Xunta poñerá en marcha un novo Plan Director de Patrocinios para garantir unha programación con criterios homoxéneos

03/02/2026 | 15:02 | Axencia de Turismo de Galicia

O Pazo de Feiras acollerá en Semana Santa unha celebración infantil con máis de 30 atraccións inchables co apoio da Xunta

A iniciativa está organizada pola federación de asociacións veciñais Lugo Rural Importa para os días 31 de marzo e 1 de abril

02/02/2026 | 13:38 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia achégase aos 9 millóns de turistas en 2025 consolidando un incremento do 7% da rendibilidade do sector

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), rexistráronse 7,3 millóns de viaxeiros aloxados en establecementos galegos aos que se suman os que fixeron noites en vivendas de uso turístico

02/02/2026 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Nadela celebra esta fin de semana a Feira do entroido, organizada pola asociación veciñal de San Xoán de Pena co apoio da Xunta

A Delegación Territorial acolleu a presentación da cita, que contará con postos de venda de produtos de artesanía e alimentación, animación musical, concurso de disfraces e un xantar popular a base de cocido

01/02/2026 | 12:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia avanza na súa estratexia de promoción internacional coa presenza en seis feiras do sector en febreiro

Trátase de eventos profesionais dirixidos a públicos xeralistas como a modalidades específicas, entre elas o cicloturismo, o turismo de natureza ou o ornitolóxico