Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.739 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

07/11/2025 | 15:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ortiz destaca o éxito da nova convocatoria do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia esgotado nos dous primeiros días

A delegada da Xunta cualificou a nova campaña como un “éxito rotundo” durante a súa visita a tres dos establecementos integrados na iniciativa

07/11/2025 | 10:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta presenta no estado brasileiro de Paraná as vantaxes do retorno como unha oportunidade de futuro tanto para quen volve como para Galicia

O secretario xeral da Emigración vén de visitar por primeira vez a cidade brasileira de Curitiba, onde informou sobre a Estratexia Galicia Retorna da Xunta a un grupo de residentes nese país interesados en volver á nosa Comunidade

06/11/2025 | 20:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta destaca a 2ª edición dos Premios Benfeito de Consumo por consolidar as boas prácticas, innovación e compromiso das empresas coas persoas consumidoras

José González puxo en valor o certame da Unión de Consumidores de Galicia, á vez que considerou que todo negocio debe garantir non só o acceso aos seus produtos ou servizos, senón tamén a atención antes, durante e despois da experiencia de consumo

06/11/2025 | 20:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Lugo a formación no marco da colaboración coa Federación galega de comercio sobre o novo sistema de facturación Verifactu

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á xornada informativa organizada pola federación e Abanca e apoiada polo Goberno galego

06/11/2025 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a función estratéxica do Centro de Orientación ao Emprendemento na coordinación das políticas de apoio ao emprego en Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, xunto co secretario xeral de Universidades, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, participou na sesión ordinaria anual deste órgano creado polo Goberno galego en 2024

06/11/2025 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 2,4 M€ mobilizados na provincia de Pontevedra na primeira xornada do Bono Activa Comercio

O delegado territorial visitou un establecemento adherido no concello de Vilagarcía de Arousa e corroborou a satisfacción dos comerciantes coa iniciativa

06/11/2025 | 15:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios retallistas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol informou da nova convocatoria durante unha visita a un dos establecementos adheridos, O Muíño do Fabal, en Narón

06/11/2025 | 14:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima aos cidadáns a participar na nova edición da campaña Activa Comercio dotada cun orzamento de 2,5 M€

Esta campaña inclúe descontos de ata 30 € coa previsión de mobilizar máis de 8,5 M€ en vendas

06/11/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma a 100 persoas desempregadas no Programa Integrado de Moaña e confirma a celebración dun novo plan de emprego en 2026 cun investimento de 220.000€

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este xoves o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración