Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.294 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

13/11/2026 | 15:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego estrea en Porto ‘Auto da Barca do Inferno’

A unidade teatral da Xunta inicia unha nova etapa de colaboración co Teatro Nacional São João ao abeiro do acordo de cooperación asinado en abril

13/11/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta chega a 1.366 mozos e mozas logo de resolver a segunda edición do Bono Emancípate

Rematado o proceso de validación de peticións, as axudas inclúen 300 persoas máis que no 2025, con 717 independizadas en réxime de alugueiro e 649 propietarias

13/11/2026 | 12:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adxudica por preto de 200.000€ as obras da segunda fase de restauración da ponte de Fillaboa, en Salvaterra de Miño

López Campos destaca que se trata de traballos para garantir a estabilidade da infraestrutura cun prazo de execución previsto de seis meses

13/11/2026 | 10:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pecha as Xornadas Europeas do Patrimonio organizadas en Galicia coa reflexión de expertos sobre os efectos do clima na arqueoloxía

A actividade, orientada a profesionais e estudantes do ámbito patrimonial, conclúe unha programación que comezou en setembro e contou con visitas, obradoiros e relatorios

12/11/2026 | 19:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos convida a coñecer as novas propostas coas que o Museo de Belas Artes “enriquece o noso universo cultural”

Desde hoxe poden contemplarse catro pinturas e dous debuxos de Prego de Oliver que a familia presta para a súa exhibición no espazo coruñés durante cinco anos

12/11/2026 | 17:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destaca o papel da nova Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para enriquecer a próxima folla de ruta da Estratexia Galicia Retorna

González sinala que o labor deste órgano tamén será clave para sentar as bases da nova Lei de Galeguidade, asegurar apoio autonómico a todas aquelas persoas galegas do exterior que o necesiten e seguir potenciando a cultura e a lingua galegas

12/11/2026 | 16:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta premia tres proxectos da Lama, a Illa de Arousa e o Carballiño na categoría de videocreación do ‘Xuventude Crea 2026’

A pel do río, Faro e Baixo as pálpebras resultaron gañadores do primeiro, segundo e terceiro galardón, respectivamente

12/11/2026 | 15:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O ciclo ‘Ducia e Pico’ levará unha vintena de propostas musicais a oito salas galegas co apoio da Xunta

A programación, que se estende ata maio de 2027, aposta polo talento emerxente e a diversidade artística

12/11/2026 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mellora o local destinado á biblioteca pública municipal e á aula CEMIT de Cenlle cunha axuda de máis de 19.000€

Manuel Pardo explicou que foi substituído o pavimento do recinto rematado en formigón pulido continuo por parqué flotante de vinilo, co fin de mellorar as condicións climáticas do espazo

12/11/2026 | 13:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o apoio da Xunta ao talento e potencial da mocidade galega a través de programas como ‘Xuventude na Onda’

O representante do Goberno galego anima as persoas participantes a tirar proveito das actividades da proposta, de balde, que inclúen relatorios, música, humor e xogos