Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/06/2026 | 17:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Laza a adquisición e posterior rehabilitación e adecuación como museo etnográfico dun inmoble situado na Picota

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará a adquisición das edificacións situadas no número 6, cun préstamo total de 80.000€ do Fondo de Cooperación, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

03/06/2026 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue exixe volver ao acordo do Parlamento para permitir a viabilidade da transferencia da AP-9

Reivindicou que Galicia quere a transferencia, pero “sobre a base da vontade expresada na Cámara, non a calquera prezo”

03/06/2026 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora o viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, na parroquia de San Martiño do concello ourensán de Manzaneda

Manuel Pardo explicou que esta actuación levada a cabo neste camiño coñecido como subida a Soutelo, ten como obxectivos principais a mellora do drenaxe do camiño, a mellora da capa de rodaxe e sinalización viaria horizontal do camiño, e o soterrado do cableado aéreo da iluminación pública e de electricidade

02/06/2026 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca as oportunidades para o tecido empresarial que abre a nova liña de axudas para rehabilitar vivendas para traballadores no rural

José González pon en valor o bo momento que atravesa o mercado laboral da provincia de Ourense, con 13.453 persoas no paro, o mellor maio desde que hai rexistros, e 109.185 cotizantes, o maior número neste mes desde 2008

02/06/2026 | 18:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta colabora co Concello de Ares na remodelación e acondicionamento dunha marquesiña en Porta do Sol

Finánciase a remodelación e modernización da estrutura a través dun préstamo de preto de 40.000 €, a través deste fondo dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes

02/06/2026 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 335.000 euros na seguridade viaria das estradas de Cangas

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes os traballos de asfaltado e conservación na estrada PO-551

02/06/2026 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento da estrada OU-540, entre Celanova e Bande, cun investimento de 6 M€

Allegue destacou que estas obras, cun prazo de execución de 18 meses, van supoñer unha transformación desta estrada ao longo de 14,1 quilómetros

01/06/2026 | 18:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/06/2026 | 17:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe catro ofertas para executar a mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, que suporá un investimento de case 230.000 €

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora do firme e as beirarrúas existentes, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas para acadar unha contorna máis segura, accesible e homoxénea

01/06/2026 | 17:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para construír 28 vivendas públicas na Estrada, cun investimento de 4,8 M€

Este edificio construirase nunha parcela situada na Avenida de Vigo, cedida de balde polo Concello da Estrada