Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.803 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

15/01/2026 | 12:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Fundación Reina Sofía colaboran na restauración de espazos naturais protexidos afectados por incendios forestais

Ángeles Vázquez pon en valor o apoio da entidade en favor da conservación dos ecosistemas cunha achega de 65.000 euros para actuacións no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e na Reserva de biosfera Ribeira Sacra

15/01/2026 | 12:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, en Nigrán

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

14/01/2026 | 12:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reafirma este ano o seu apoio ao sector gandeiro con axudas por preto de 2 M€ para previr e compensar os danos polos ataques do lobo

Os avisos por danos nos últimos dous anos aumentaron un 72% en relación con 2021 e as reses afectadas un 55%, cunha media de case nove animais atacados ao día

13/01/2026 | 14:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia 1 M€ en axudas para promover prácticas sostibles nos chiringuitos e facelos máis eficientes, accesibles e integrados na paisaxe costeira

Salienta que estes apoios buscan avanzar cara a un modelo que compatibilice a actividade económica coa conservación da contorna, como establece a Loxilga

13/01/2026 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo anima á cidadanía a solicitar as axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens a partir do 16 de xaneiro

Esta orde duplica o seu orzamento con respecto á convocatoria anterior ata os 2 millóns de euros co propósito de beneficiar a máis de 700 persoas

12/01/2026 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta blinda un ano máis a zona de nidificación e cría da única parella de mazarico real existente na península ibérica para favorecer a súa protección

O acordo de colaboración, por importe de 5.000 euros, permite dispoñer dunha superficie de 9,3 hectáreas de monte en Castro de Rei e propiciar que se desenvolvan nela labores de mantemento para acondicionar o hábitat da especie

12/01/2026 | 13:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 3,3 quilómetros no rego de San Vicente, en Valdoviño

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 17 xornadas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

11/01/2026 | 10:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá 3,4 M€ no control e seguimento das 127 depuradoras galegas que dan servizo a todos os núcleos de poboación de máis de 2.000 habitantes

O contrato adxudicado este mes ten como fin axudar na supervisión, vixilancia e inspección das infraestruturas hidráulicas competencia dos concellos para dar un mellor servizo á cidadanía e velar pola calidade das augas na súa área de influencia

10/01/2026 | 12:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executou unha vintena de obras de mellora e acondicionamento de espazos naturais en 2025 cun investimento de case 800.000 euros

As operacións acometidas no concello de Ponteceso centráronse nun treito de medio quilómetro do sendeiro peonil que discorre paralelo ao río, que foi pavimentado con xabre e acondicionada na súa contorna con céspede e o plantado de árbores

09/01/2026 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina este ano preto de 2 M€ en axudas para intervencións de mellora e conservación nos espazos protexidos galegos

O Executivo autonómico publicará nas vindeiras semanas no Diario Oficial de Galicia a orde coa convocatoria de achegas para actuacións en reservas de biosfera, parques naturais e espazos incluídos na Rede Natura 2000 da comunidade