Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.623 novas da C. do Medio Rural:

09/02/2026 | 17:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 12.000 euros á melloras das instalacións da comunidade de Regantes de Blanco, en Meaño

Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material

09/02/2026 | 17:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Concello de Mos impulsarán a promoción do viño rosado galego na Festa da Rosa

A conselleira María José Gómez reuniuse este mediodía en San Caetano coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para reforzar esta colaboración a prol da difusión e exaltación do produto

09/02/2026 | 12:50 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo lembra as axudas da Consellería do Medio Rural para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

O delegado territorial recordou que o prazo de solicitude das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas da Consellería do Medio Rural está aberto ata o 19 de febreiro

08/02/2026 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia dos plans de mellora para favorecer a rendibilidade das explotacións

A conselleira do Medio Rural visitou a explotación avícola O Marco, situada no concello lucense de Monterroso, beneficiaria destas achegas en varias ocasións

07/02/2026 | 16:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o bo facer dos produtores da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa

A conselleira María José Gómez lembrou que o Goberno autonómico impulsará a promoción e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos no marco do paquete de medidas elaborado para defender o sector primario ante as implicacións do tratado UE-Mercosur

06/02/2026 | 18:17 | C. do Medio Rural

A nova convocatoria do Plan Camiña Rural para concellos ábrese hoxe ata o 5 de marzo por case 19 M€

María José Gómez salientou a importancia desta medida, xa que os camiños rurais “vertebran o territorio e son claves na dinamización social e económica do noso agro”