Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez define o premio 'Mulleres da galeguidade' como un tributo á forza, á resistencia e ao compromiso do colectivo feminino do rural galego
A conselleira do Medio Rural recibiu en Barcelona este recoñecemento, que outorgan as asociacións Amigos de San Froilán e Xuntanza de Catalunya no marco da celebración das festas de San Froilán no distrito de Nou Barris da cidade
Medio Rural destaca a calidade da Faba de Lourenzá amparada pola indicación xeográfica protexida
No marco da festividade desta produción, a conselleira María José Gómez lembrou que a Xunta convocou achegas para esta IXP co fin de cubrir parcialmente os sobrecustos que implica producir este feixón galego con estándares de calidade superiores aos comúns e para paliar as consecuencias das malas colleitas dos últimos anos
A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres nos concellos de Ordes e Ribeira
Corresponden a dous exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollidas en ambos municipios coruñeses e trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Oleiros, A Coruña
Medio Rural e Fegamp avanzan nas propostas de mellora para a xestión da biomasa nas faixas secundarias
O director xeral de Defensa do Monte presidiu hoxe a comisión de seguimento do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais
Medio rural destina máis 1,25 M€ para a eficiencia enerxética e a restauración e mellora de espazos na aldea de Infesta, en Monterrei
A conselleira María visitou hoxe a zona para poñer en valor os avances dos diferentes programas europeos que se están levando a cabo e que promoven o desenvolvemento rural
A Xunta reafirma a súa aposta polo castiñeiro na procura dun monte ordenado, sostible e rendible
María José Gómez incidiu na defensa destas especies autóctonas e da xestión conxunta do monte, a diversificación de usos e a bioeconomía verde como principais piares do modelo forestal do Goberno galego
Medio Rural impulsa un novo proxecto de investigación e caracterización da Rosca de Sober
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na presentación desta iniciativa, que ten como fin recuperar este doce tradicional