Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.410 novas da C. de Sanidade:

28/09/2025 | 11:02 | C. de Sanidade

Belén do Campo participou na Carreira da Muller na Coruña para loitar contra o cancro e combater a violencia de xénero e as desigualdades sociais que sofren as mulleres

A delegada subliñou a importancia deste tipo de accións que, ademais de promover hábitos de vida saudables, contribúen a sensibilizar e dar visibilidade a causas sociais de gran relevancia

27/09/2025 | 13:53 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño participa na primeira xornada de lecer dixital en familia que organiza a Xunta para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías

Para participar nas actividades, completamente de balde, as familias simplemente deberán achegarse até o Hall do Multiusos Fontes do Sar ata as 20,00 horas

27/09/2025 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade
27/09/2025 | 11:39 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde subliña a aposta pola fisioterapia da sanidade pública e avanza a inminente convocatoria de 27 novas prazas

O Goberno galego traballa para consolidar un cadro de profesionais máis numeroso, estable e capaz de responder aos retos asistenciais actuais nesta disciplina

26/09/2025 | 19:25 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde incide no valor da medicina preventiva, da atención integral e dun sistema sanitario cohesionado na loita contra a patoloxía cardiovascular

Destaca que aconcienciación sobre a importancia dun estilo de vida saudable, dunha dieta equilibrada e do exercicio regular debe ser unha mensaxe constante e transversal no noso sistema de saúde

26/09/2025 | 15:34 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o liderado de Galicia en insuficiencia cardíaca, que se reforzará coa nova área de rehabilitación específica do Chuac

A nova área do hospital público da Coruña permitirá ampliar o acceso a programas de recuperación, tanto para pacientes que sufriron un infarto como para aqueles que conviven cunha insuficiencia crónica

26/09/2025 | 13:55 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a importancia do programa piloto de cribado de cancro de próstata impulsado pola Xunta para aumentar a detección precoz e reducir biopsias

Ata o de agora máis de 5.000 homes da área sanitaria de Ferrol participaron nun programa piloto de cribado no que o 67,5 % dos cancros detectados estaban en estadios iniciais

26/09/2025 | 11:52 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 73.000 euros a adquisición de novos ecógrafos portátiles para as unidades de enfermidades raras do Servizo Galego de Saúde

O novo equipamento terá como destino os complexos hospitalarios da Coruña e de Santiago de Compostela e o Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo

26/09/2025 | 11:11 | C. de Sanidade

A Xunta celebra mañá unha xornada de lecer dixital en familia para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías

Terá lugar un torneo familiar de Mario Kart e desenvolveranse obradoiros para adaptar os contidos dixitais a cada idade ou coas últimas tendencias en intelixencia artificial e realidade virtual