Actualidade
Buscador de novas
A Xunta súmase ao proxecto ‘Deixa xogar’ promovido pola Unión de Federacións Deportivas Galegas para erradicar a violencia no deporte
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na presentación desta iniciativa pioneira que inclúe a elaboración dunha guía de información e formación dirixida a deportistas, adestradores, familias e públicos
Manuel Pardo enxalza á provincia de Ourense como referente do turismo activo
O delegado territorial significou que dende a Xunta estase a traballar para que o turismo activo convértase nun segmento que contribúa á desestacionalización e diversifique a oferta e o perfil de visitantes que chegan á provincia
Lete Lasa destaca o liderado de Recalvi “non só no patrocinio deportivo senón tamén enriba do asfalto”
Destaca o Campionato de España de Rallys de Asfalto de Jorge Cagiao e Javier Martínez; así como o histórico dobrete do Supercampionato, con Cohete Suárez como campión e Javier Pardo como subcampión
As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar dende mañá ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros
Supón un incremento do 33% con respecto ao orzamento inicial de 2024, ano no que, finalmente, se conseguiu o récord histórico das ‘Axudas DGAN’ con preto dun millón de euros
A Xunta aposta por promover o deporte para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación galega
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na xornada Exercicio físico e cancro, organizada pola Universidade da Coruña e a Administración autonómica no marco da Cátedra SXD Galicia Activa
A Xunta colabora co Club Fluvial de Lugo na adquisición dunha furgoneta para a sección de piragüismo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Secretaría Xeral para o Deporte achega 10.000 euros con cargo á orde de axudas a entidades deportivas para adquirir equipamento
Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes recibiu hoxe a Melania Rodríguez, Marta López, Aintzane Dapena e Adrián Soliño, tras a súa participación no campionato celebrado este mes en Pamplona
O Emevé adica o partido do sábado fronte ao Sayre de Illas Canarias á campaña da Xunta contra a violencia de xénero
A Secretaría Xeral para o Deporte colabora un ano máis cos clubs femininos de alta competición para reivindicar o papel das mulleres no deporte e na sociedade