Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon o Spigal como exemplo da transformación de información científica en acción pública útil para protexer, anticiparse e responder ante os lumes
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático salienta o traballo de MeteoGalicia no deseño deste programa que, a través da integración de información meteorolóxica, datos do territorio e variables relacionadas co comportamento do lume, ofrece simulacións avanzadas sobre a posible evolución dun incendio forestal
A Xunta reforza os servizos de autobús entre A Gudiña e as comarcas de Valdeorras, Viana e Verín para coordinalos cos novos horarios dos trens a Madrid
O delegado territorial salientou que tralo restablecemento do tren de primeira hora da mañá entre A Gudiña e Madrid, a Xunta viu prioritario facilitar o enlace das persoas usuarias destas comarcas a este servizo demandado pola veciñanza da zona
A Xunta destaca o auxe do baloncesto galego, que contará con seis equipos na elite a vindeira temporada
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiron á Gala Basketgal que recoñece as persoas e entidades que impulsan o baloncesto en Galicia
A Xunta pon en valor o encontro co coordinador europeo do Corredor Atlántico para trasladar as demandas de Galicia fronte a falta de información por parte do Goberno central
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou no Parlamento galego que Galicia segue sen recibir do Estado a información necesaria sobre o desenvolvemento dunha infraestrutura estratéxica como é o Corredor Atlántico
A Xunta achega 7,6 M€ ao Concello de Vigo a través do Fondo de Cooperación Local e lamenta que rexeite axudas para a promoción de emprego e de turismo
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, sinala que o Goberno galego ingresou máis de 41 millóns á cidade desde 2020
A Xunta avanza que o dispositivo de seguridade de ‘O Son do Camiño’ contará con máis de 1.300 efectivos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, visitan o recinto no que ademais mañá se constituirá o Posto de Mando Avanzado para coordinar o operativo en cada unha das tres xornadas do festival