Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.989 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

06/02/2026 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/02/2026 | 17:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza os servizos de autobús con orixe e destino Vigo para garantir a mobilidade das persoas afectadas pola suspensión na xornada de hoxe das conexións de tren

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, considera inaceptable que Renfe suspendese as conexións e non ofrecese alternativas para garantir a mobilidade dos usuarios

05/02/2026 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con máis de 100.000 euros a mellora da accesibilidade da Casa do Concello cun ascensor e a prestación de servizos de protección ambiental en Camariñas

A delegada da Xunta subliñou que o novo ascensor, cun apoio de 40.000 euros, permitiu eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso en igualdade de condicións a todos os servizos municipais

05/02/2026 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 123.000 euros a unha vintena de entidades deportivas da Terra Chá para impulsar as súas actividades e dotacións

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte vén de convocar o primeiro programa de apoios do ano, dotado con 2 millóns de euros

05/02/2026 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 900.000€ a prol da mellora das infraestruturas municipais nos concellos da provincia de Ourense

Manuel Pardo destacou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu máis de 28.000 euros na mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio do concello dos Blancos

05/02/2026 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coa entrega de vehículos valorados en 700.000 euros

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na cesión de bombas rurais pesadas aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais con sede en Quiroga e Laza, e de bombas urbanas lixeiras estreitas aos da Guarda e O Grove

05/02/2026 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria das axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior dotada con 6,3 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as liñas de subvencións para os proxectos no exterior de ONGD con máis de 4,3M€, doutros axentes de cooperación con 700.000 euros e máis de 1,2M€ para proxectos de apoio a organización feministas e de defensa de dereitos das mulleres

05/02/2026 | 08:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
04/02/2026 | 17:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 25.500 euros á mellora das instalacións de tres asociacións veciñais no concello de Marín

Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material