Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.988 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/12/2025 | 13:47 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a solidariedade e compromiso das agrupacións de Protección Civil como garantes dunha atención efectiva ás emerxencias

Agradece a todos os efectivos o seu traballo, especialmente en episodios recentes como a vaga de lumes do pasado verán ou a DINA de Valencia, pola cal se concederon 53 placas de prata

12/12/2025 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra o rigoroso cumprimento do Goberno galego coa normativa para a tramitación de autorizacións interurbanas de VTC

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo un encontro solicitado pola Fegamp no que participaron representantes municipais aos que lles insistiu que é competencia municipal, se así o deciden os concellos, regular as posibles autorizacións para o ámbito urbano de vehículos de turismo con condutor 

12/12/2025 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con seis asociacións de veciños da comarca de Sarria na mellora dos seus locais sociais

O delegado territorial, Javier Arias, explica que catro colectivos de Sarria, un de Láncara e outro do Páramo benefícianse de case 58.000 euros con cargo ás axudas convocadas este ano para colaborar coas organizacións veciñais

12/12/2025 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede preto de 240.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental aos proxectos de mellora do medio ambiente e eficiencia enerxética das Pontes

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio para comprobar o resultados das actuacións acometidas con estas axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

12/12/2025 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que o traslado completo de Repsol a Punta Langosteira suporá un gran pulo para o Porto Exterior e un paso fundamental na apertura da cidade ao mar

Asegura que o desprazamento consolidará ao Porto Exterior como un motor económico e industrial de primeiro nivel e compromete o apoio do Executivo autonómico a todas aquelas empresas que “con respecto e cumprindo a normativa" queiran investir en Galicia

12/12/2025 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 33.000 euros á prestación do servizo de interpretación de signos na Administración de Xustiza

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación do contrato para a súa execución nos próximos dous anos

11/12/2025 | 16:32 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 50.000 € a cuberta da nova pista deportiva de pádel do concello de Bande

Manuel Pardo explicou que a cuberta desta instalación foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, co fin de que que poida ser utilizada durante todo o ano pola veciñanza

11/12/2025 | 16:16 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes