Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta pola información e a prevención para salvagardar bens, reducir danos e protexer as persoas ante o risco de inundacións
Roi Fernández lembra que o Plan de Xestión de Inundación de Galicia-Costa establece como obxectivo reducir e minimizar as consecuencias negativas destes episodios
A Xunta sinala as novas tecnoloxías como ferramenta clave para mellorar a capacidade de anticipación ante os desafíos ambientais
Ángeles Vázquez pon como exemplo o Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029 porque coñecer mellor o territorio é tamén unha forma de comprender mellor como pode responder ante diferentes situacións
A Xunta e o Concello do Porto do Son analizan medidas para mellorar e reforzar a garantía do abastecemento de auga na localidade
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convoca anualmente varias liñas de axudas para acometer actuacións hidráulicas que contribúan a mellorar estas redes
A Xunta outorga ao Concello de Ponteceso unha concesión de ocupación de 379 m2 para ampliar e rehabilitar o parque infantil do paseo fluvial
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve así, en menos dun ano, a solicitude municipal presentada para abordar a mellora, modernización e ampliación dun equipamento público xa existente e destinado a uso lúdico e recreativo
A Xunta e o Concello de Oroso acordan a ampliación da rede de abastecemento municipal en Vilacide de Arriba
Ángeles Vázquez insiste no compromiso do Goberno galego de apoiar os concellos para acometer actuacións hidráulicas que pola súa complexidade ou polo seu custo económico resultarían difíciles de acometer exclusivamente con recursos municipais
A Xunta e o Concello de Boimorto executarán obras de mellora na rede de abastecemento para garantir un servizo eficiente e continuo na parroquia de Sendelle
Ángeles Vázquez salienta a importancia da actuación para a veciñanza xa que resolverá as incidencias detectadas neste tramo da rede, reforzando a fiabilidade, reducindo as perdas por fugas e asegurando unhas condicións axeitadas de presión
A Xunta e o Concello de Abegondo destinan 1,53 M€ a completar o sistema de saneamento nas parroquias de Crendes e Orto
Esta actuación consiste na execución de 14 tramos de colectores soterrados cunha lonxitude aproximada de 2.417 metros, así como dun pozo de bombeo e dunha nova impulsión de 372 metros ata a infraestrutura existente
A Xunta pon en valor o seu sistema de alerta temperá nos ríos de Galicia-Costa como referente na xestión autonómica ante o risco de inundacións
Roi Fernández salienta a importancia da prevención para protexer os recursos hídricos da conca autonómica, cunha superficie de case 13.000 km2 e 2 millóns de habitantes
A Xunta e o Concello de Boqueixón avanzan no proxecto para mellorar o saneamento no municipio
O persoal de Augas de Galicia está a analizar o proxecto municipal para mellorar a calidade do servizo en Loureda, A Granxa, Donas, Vigo, Gastrar e Oural
A Xunta salienta que a concesión que autorizou para a ocupación de 1.300 m2 do litoral desbloquea o proxecto para mellorar o saneamento da ría de Arousa
Ángeles Vázquez lembra que a renovación do colector litoral das Patiñas estaba paralizada pola negativa de Costas do Estado a autorizar a ocupación do dominio público marítimo-terrestre necesaria para a súa execución