Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural promove a calidade e a diversidade da gastronomía galega na feira Gastronómika de San Sebastián
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe ao encontro, onde a participación galega inclúe catas e degustacións de produtos agroalimentarios amparados por selos de calidade diferenciada
A Xunta promociona na feira San Sebastián ‘Gastronómika’ os produtos alimentarios galegos
A Consellería do Medio Rural apoia a presenza de oito empresas amparadas por distintivos de calidade diferenciada no evento e organizará diversas actividades, entre as que se inclúen dúas vinculadas cos viños premiados nas Catas de Galicia 2026
A Xunta presenta 'Coa comida, Galicia sen desperdicio', o distintivo co que promoverá o aproveitamento alimentario
A conselleira do Medio Rural fixo entrega simbólica do distintivo ao restaurante O Balado, do chef do Grupo NOVE Roberto Filgueira, pola conmemoración, mañá martes, do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos
A Xunta destaca en Chantada o papel dos oficios artesanais na arquitectura contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración das Xornadas ‘Oficio, arquitectura e territorio’ que se celebran ata o domingo co obxectivo de vincular arquitectura, territorio, técnicas artesanais e creación contemporánea
A Xunta de Galicia salienta en Santa Comba o valor da campaña ‘Merca no teu comercio’ para dinamizar as vendas nos negocios locais
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na entrega de premios nesta localidade coruñesa ao abeiro da iniciativa, enmarcada na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio
Villaverde pon en valor a DOP Mexillón de Galicia como sinónimo de calidade, identidade e referencia do mar galego
A conselleira do Mar presentou xunto ao xogador do Celta de Vigo, Iago Aspas, a nova campaña de comunicación da DOP Mexillón de Galicia para reforzar o recoñecemento do selo entre os consumidores
Medio Rural amosa os avances da primeira estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario de Galicia en Cataluña
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria asistiu hoxe á celebración do I Congreso sobre Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentarios en Barcelona
A Xunta destaca no Castro de Caldelas a capacidade da campaña ‘Merca no teu comercio’ para impulsar o consumo de proximidade no rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na entrega de premios nesta localidade ourensá ao abeiro da iniciativa, que se encadra na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio
Belén do Campo puxo en valor a campaña de ‘Volta ao Cole’ no marco do apoio da Xunta ás accións de dinamización da asociación de empresarios de Ribeira
En colaboración coa campaña Com-pensa do Goberno galego entregaronse bolsas de tea na praza do Concello por cada billete presentado, ata fin de existencias