Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.311 novas da área temática Sanidade:

05/06/2026 | 11:53 | C. de Sanidade
05/06/2026 | 11:50 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño dá a benvida aos 123 residentes que inician a súa formación especializada “de excelencia” na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Destaca que Galicia conta este ano coa maior oferta formativa da súa historia con 682 prazas e un investimento de máis de 94 M€

04/06/2026 | 21:24 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o éxito do proxecto piloto Lung-Gal, xa estendido a toda Galicia e que permitiu detectar un 60 % dos cancros de pulmón en fases iniciais

Sinala que Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas en apostar por este tipo de cribado dirixido a persoas fumadoras ou exfumadoras de alto risco

04/06/2026 | 17:53 | C. de Sanidade

O Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela acolle unha xornada científica sobre o futuro da investigación en terapias celulares avanzadas e inmunoterapia

O encontro, de referencia internacional, serve de escaparate para os actuais avances dos CAR-T na vangarda da loita contra o cancro

04/06/2026 | 13:49 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a carácter transformador do Lucus Augusti, que marca o paso con proxectos pioneiros como a primeira Neuroescola de Galicia ou a Oncoloxía domiciliaria

Cun investimento que superou os 300 millóns de euros, o centro hospitalario consolidouse como unha "cidade da saúde" con preto de 3.700 profesionais

04/06/2026 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que a residencia de Valga acollerá unha unidade pioneira para a formación e investigación na recuperación de ictus

Disporá de 150 prazas e incluirá módulos de convivencia de xeriatría, área de servizos sanitarios e amplas zonas axardinadas

04/06/2026 | 13:33 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca o compromiso dos distintos profesionais que participan na prestación da axuda a morrer en Galicia

Médicos responsables da prestación e consultores, persoal de enfermería, de farmacia, documentación clínica ou as direccións asistenciais das sete áreas sanitarias coordínanse para atender as necesidades de cada persoa

04/06/2026 | 12:21 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a posta en marcha do programa pioneiro de rehabilitación funcional domiciliaria en pacientes pediátricos con enfermidades raras

O conselleiro destaca o proceso asistencial xenético de enfermidades raras co obxectivo de acurtar os tempos de diagnóstico nun 30 % e garantir a equidade

03/06/2026 | 19:26 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde presenta na Mesa Sectorial as previsións do concurso específico de enfermería familiar e comunitaria, cun incremento de 182 prazas ofertadas

Na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada esta mañá tamén se abordaron as medidas excepcionais impulsadas pola Consellería para garantir a cobertura no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense