Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca a aposta da Fundación Barrié pola educación e a ciencia como piares para contribuír ao desenvolvemento de Galicia
Salienta o seu apoio a estudantes e investigadores para mellorar a súa formación e axudalos a desenvolver todo o seu potencial
A Xunta e as tres universidades públicas galegas inician o diálogo para acadar unha mellor organización e xestión da PAU
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP reúnese cos reitores na procura dunha maior seguridade e igualdade do alumnado nas Probas de Acceso á Universidade
Román Rodríguez aborda co director da Axencia Estatal de Investigación os avances na I+G+I
O conselleiro de Educación e Ciencia reúnese con José Manuel Fernández de Labastida na súa visita a Galicia para coñecer o ecosistema galego de investigación
A Xunta reforza a formación do profesorado no eido dixital, das matemáticas e a lectura cun plan que acada as 6.400 actividades para o vindeiro curso
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP presenta o catálogo formativo que arrancará en setembro, con 132.000 prazas
Rueda anuncia a aprobación do anteproxecto de Lei de educación dixital, unha norma pioneira en España que consolidará o modelo galego de ensino híbrido
Explica que o Consello deu luz verde esta mañá a esta normativa inédita a nivel estatal, que busca “consolidar o modelo galego de ensino híbrido” e afrontar con seguridade os retos da transformación dixital e blindar a calidade e a igualdade cun ensino máis personalizado
A Xunta pon en valor os 50 anos do Centro Integrado de FP Coroso como referente formativo no Barbanza
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, destaca este medio século preparando profesionais cualificados e contribuíndo ao desenvolvemento da comarca
Máis de 1.000 alumnos e docentes viaxan este verán ao estranxeiro grazas ao programa Galemundo da Xunta
Román Rodríguez anima aos 643 mozos e mozas de Bacharelato, que mellorarán o seu nivel en idiomas, a sacar o máximo rendemento desta experiencia
As novas axudas a familias para comedores escolares poderán solicitarse entre o 6 de xullo e o 6 de agosto
As bolsas, de 150€, van dirixidas a usuarios de comedores xestionados por anpas, concellos e centros concertados con rendas de ata 6.000€ per cápita
Fabiola García esixe ao Goberno central diálogo coa Xunta, co sector das escolas infantís e financiamento
A conselleira insiste en que o futuro decreto “pon en perigo o modelo de gratuidade pioneiro posto en marcha por Galicia” debido aos seus posibles efectos negativos, principalmente en canto ao incremento de custos e perda de prazas
Rueda brinda a colaboración da Xunta para manter un sistema universitario público, competitivo e innovador
Destaca que será a primeira vez que o sistema universitario galego conte con dúas reitoras mulleres