Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

08/03/2026 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza o papel das mulleres rurais na contrución dunha Galicia máis comprometida coa igualdade e o avance social

Neste sentido, lembrou que nos últimos anos se lograron importantes avances que se traducen nun maior emprendemento e liderado feminino no sector

08/03/2026 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Asturias a súa estratexia de apoio á artesanía de Galicia con motivo do 8 de marzo

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, participou hoxe na xornada Raíz e oficio. Mulleres artesás no rural que se celebra en Mieres (Asturias), na que falou do proxecto Enredadas como exemplo de boas prácticas replicable noutros colectivos de artesás

07/03/2026 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda reivindica o papel das mulleres profesionais de Galicia a través da nova plataforma ‘Presentes’ para seguir rompendo fendas de xénero

Subliña que a nova comunidade conta xa con máis de 2.000 expertas de todos os sectores para seguir sensibilizando a sociedade, especialmente as xeracións máis novas

06/03/2026 | 19:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o liderado feminino no tecido empresarial da provincia de Ourense e anima a visibilizar ás profesionais de todos os sectores

O Goberno galego avoga por seguir reforzando o traballo co tecido social e co resto de administracións e institucións para continuar co avance na igualdade entre mulleres e homes 

06/03/2026 | 14:59 | C. do Mar

Villaverde destaca o compromiso da Xunta coa igualdade e o talento feminino a través do impulso do Estatuto da muller do sector marítimo-pesqueiro

O proxecto de Decreto atópase na fase de análise das propostas presentadas polos distintos colectivos no marco do proceso de información pública e afondará no recoñecemento das profesionais do mar

06/03/2026 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega preto de 700.000€ ao emprendemento feminino na área de Vigo a través do programa Emega

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou a libraría “Mi rincón favortio”, unha das 50 empresas da comarca viguesa que se beneficiaron da convocatoria de Igualdade

06/03/2026 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia do impulso das mulleres profesionais e da visibilización de traxectorias diversas

María Quintiana pon en valor o talento, a capacidade e o liderado feminino, como valores para contribuír a mellorar de maneira decisiva o conxunto da sociedade