Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita as obras de mellora das instalacións hípicas no recinto da Fundación Semana Verde de Galicia
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación dos traballos por un importe superior a 644.100 euros e as empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de xuño
A Xunta recibe sete ofertas para executar as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte
Con este contrato, licitado por case 3,5M€, intervirase na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas
A Xunta licita por 1,1 M€ a construción dunha senda peonil e ciclista de preto de 2,4 quilómetros na PO-841 ao seu paso polo concello da Estrada
O novo itinerario, que será cofinanciado con fondos europeos FEDER, busca facilitar os desprazamentos seguros de peóns e ciclistas neste treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo
Rueda avanza que a primeira fase de desdobramento da futura autovía Brión-Noia estará en funcionamento ao longo do 2027
O Goberno galego inviste 11,2 M€ nos traballos nestes primeiros 4,9 quilómetros para que a nova infraestrutura conte con dous carrís de 3,5 metros por sentido
A Xunta adxudica por preto de 35 M€ a execución das obras do último treito da autovía entre Lugo e Sarria
Trátase de actuar nun treito de 13,5 quilómetros, que se inicia na glorieta de Nadela e finaliza no enlace da Pobra de San Xiao, xa en servizo
Allegue destaca nos Premios Gran de Area 2025 o papel da arquitectura como ferramenta para construír unha Galicia máis habitable, sostible e cohesionada
A conselleira puxo en valor a excelencia dos proxectos premiados, que combinan innovación, respecto polo patrimonio e compromiso coa mellora da calidade de vida da cidadanía
A conselleira Allegue avanza a licitación este luns das obras de urbanización da rúa Serra de Meira en Lugo cun investimento da Xunta de 1,1 M€
A obra permitirá ampliar e mellorar o viario entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez, creando un espazo máis seguro, accesible e integrado no barrio
Medio Rural mellorará servizos básicos no núcleo de Dacón, en Maside, para contribuír á fixación de poboación
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde desta localidade ourensá, José Manuel Iglesias
Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico
Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia
A Xunta destina máis de 760.000 € ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo Concello de Viveiro
A Administración autonómica licita este contrato, cofinanciado con fondos europeos FEDER, para intervencións de calmado de tráfico, pavimentación do firme e creación dunha glorieta nesta estrada autonómica