Actualidade
Buscador de novas
A Xunta realiza de maneira pioneira os exames Celga en liña con máis de 600 solicitudes para acreditar o dominio do galego
Trátase dunha primeira experiencia que se limitou a 100 prazas co obxectivo de amplialas nas vindeiras convocatorias
O foro ‘Galicia Crea’ bota a andar para fomentar a creatividade e o pensamento libre, co apoio da Xunta
Valentín García e Anxo M. Lorenzo valoran que a súa primeira edición xire ao redor das cantigas, as primeiras creacións literarias en galego
A Xunta proxecta a cultura galega en Iberoamérica cunha delegación propia na Feira do Libro de Guadalaxara
O Goberno galego convida seis autores e unha editorial nunha das citas internacionais máis relevantes do sector, que se celebra nesta cidade mexicana
O ‘Xuventude Crea 2025’ premia o talento musical de dous mozos artistas de Vigo e dun de Ourense
‘Obsesión’, ‘Lembrar’, ‘Empatía, un idioma para entendelo todo’, ‘Son de Ourense’, ‘Fantasía sobre Lela’ e ‘Sonata nº 48’ de Haydn foron as seis pezas protagonistas
López Campos incide na función de Culturgal como altofalante para as novidadades culturais de Galicia
O expositor da Xunta, principal entidade financiadora da cita, acolle presentacións, obradoiros, actuacións, entrega de premios e unha instalación de realidade virtual arredor da figura de Castelao
Valentín García enxalza a “implicación co galego dos centros escolares e familias” no programa ‘Falamos +’
A proposta impulsa actividades lúdicas como contos, teatro, xogos, lecturas ou música para incentivar o uso do idioma entre o alumnado de infantil e primaria
López Campos sinala a excelencia técnica e artística do sector musical galego demostrada na celebración dos primeiros premios á súa industria
A Xunta de Galicia apoia a organización destes recoñecementos no marco do acordo de colaboración co colectivo que agrupa 56 compañías, artistas e axentes musicais
Valentín García enxalza “un dos nosos autores máis universais” no 10º aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas
O secretario xeral da Lingua gabou “a importancia dun intelectual que contou a historia de Galicia desde a aldea”
O Centro Dramático Galego inicia os ensaios de ‘Memorias dun neno labrego’ baixo a dirección de Cándido Pazó
A unidade teatral da Xunta de Galicia e a compañía Contraproducións conmemoran o 10º aniversario do pasamento de Neira Vilas coa versión teatral da súa famosa obra, que se estrea en Santiago de Compostela o 8 de xaneiro
López Campos lembra “o valor divulgativo” das mostras dedicadas aos persoeiros ilustres galegos
A publicación recolle o contido co que a entidade xestionada pola Xunta percorre a traxectoria do autor, desde a súa etapa pictórica á de deseñador industrial