Actualidade
Buscador de novas
A Xunta constitúe o Consello Reitor da nova Axencia Intecmar para consolidar o seu liderado na monitorización e control do medio mariño
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a primeira sesión do órgano que formaliza a culminación do proceso de transformación do instituto en axencia pública
Gómez Caamaño destaca a colaboración entre a Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa na mellora da asistencia sanitaria aos veciños ao destinar preto de 304.000 euros á reforma do centro de saúde
Tal e como establece o acordo asinado, cada administración, autonómica e a local, achegarán un 50 % do investimento
Medio Rural realizou xa actuacións preventivas de xestión de biomasa preto das vivendas en case 5.400 parcelas ao abeiro do convenio con Seaga
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu hoxe a comisión de seguimento deste acordo, que constatou tamén que, a maiores, a Xunta actuou nun total de 771,68 quilómetros de vías municipais, a solicitude dos concellos adheridos
Villaverde reivindica a innovación e a transferencia de coñecemento como motores para reforzar o futuro do sector do mar
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou no Grove a XXVIII edición de ForoAcui, que reúne máis de 200 especialistas e aborda cuestións como a intelixencia artificial, o cambio climático, a acuicultura, o marisqueo e a pesca de baixura
Medio Rural destina arredor de 45.000 € para a restauración de áreas afectadas por incendios forestais en Pazos de Borbén
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou a zona do monte Costa Gallego, situado neste concello, onde se están a realizar clareos de piñeiros e a eliminación de especies alóctonas
Allegue: “As administracións temos que colaborar co sector na promoción de vivenda, e non poñer trabas”
A conselleira anuncia que a nova convocatoria de axudas a promotores para vivenda protexida contará con maior presuposto
Villares subliña as medidas da Xunta de impulso ao emprendemento feminino no foro ‘Activistas do Rural’
O delegado territorial de Lugo participou na xornada que promove o grupo Lence, xunto co director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez
A Xunta sinala que Galicia é referente en políticas de conciliación e corresponsabilidade
Eloína Ingerto salienta o impacto positivo de medidas como as axudas á redución da xornada, a gratuidade das escolas infantís, o Bono Concilia Familia ou o Plan Corresponsables
A Xunta destaca o potencial do comercio electrónico para impulsar a competitividade e abrir novos mercados
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Pontevedra na inauguración da quinta edición de Ecommerce Days, o principal encontro anual do sector en Galicia