Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traslada ao concello de Vilalba a intención de executar unha nova parada de autobuses e avanzar na utilización da estación actual para outros usos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse hoxe coa alcaldesa, Marta Rouco, á que solicitou que o Concello ceda á Xunta os terreos para executar unha nova parada de autobuses en substitución da estación pechada
A Xunta amplía as frecuencias da conexión por autobús que presta servizo ás praias do concello de Oleiros durante os meses de verán
Engádense dúas novas expedicións en cada sentido desde a cidade da Coruña
A Xunta remata en Pontevedra as sendas de Xeve, cunha lonxitude de 2,5 km e un investimento de 2,4 M€
A conselleira destacou a colaboración de Stop Accidentes no deseño da actuación realizada, froito do convenio que a Xunta mantén co colectivo para promover contornas escolares seguras, así como a implicación do centro escolar, co que se consensuou a intervención
A Xunta lamenta que as únicas novas para Galicia respecto do Corredor Atlántico tan só se traduzan en “máis demoras, máis imprecisións e ningún avance”
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, considera un desacerto que o Comisionado para o Corredor Atlántico defendese hai escasos días o ritmo das inversións en Galicia cando “só acumulamos retrasos e anuncios que non se cumpren en tempo e forma”
A Xunta aborda cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol as súas propostas para adaptar servizos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na reunión da comisión de seguimento da ATM, no marco do compromiso da Xunta de reunir este organismo cada seis meses
A Xunta concede máis de 3 M€ en axudas para a transformación e modernización das frotas de transportes de viaxeiros e de mercadorías por estrada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das subvencións outorgadas nos cinco primeiros meses do ano, que suman 63 novos beneficiarios
A Xunta e o concello de Nigrán activan unha liña municipal para conectar durante o verán o parque empresarial de Porto do Molle e as praias da zona
A delegada territorial, Ana Ortiz, anuncia o acordo para conectar Porto do Molle cos areais de Panxón e Praia América
A Xunta avalía cos concellos da área de transporte metropolitano da Coruña a implementación do plan de transporte metropolitano
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na reunión na que se abordaron as propostas de cambio do servizo presentadas polos concellos
A Xunta incrementa nun 12% o orzamento para garantir o servizo de transporte escolar gratuíto ata superar os 95 M€
Rueda resalta que haberá case 1.250 vehículos para atender preto de 1.500 rutas escolares que utilizan “máis de 42.000 alumnos”
A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras da reforma do firme en catro estradas da comarca de Sarria e Chantada
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas LU-533, LU-536, LU-636 e LU-622, que discorren polos concellos do Saviñao, Sarria e Láncara.