Actualidade
Buscador de novas
Rueda mantén un encontro co embaixador da República Checa para avaliar as oportunidades comerciais entre ambos territorios
O presidente da Xunta e Libor Sečka analizaron as posibles inversións na nosa comunidade e a situación das exportacións
Medio Rural mantén unha nova reunión con representantes do sector agrogandeiro para defender os seus intereses ante o acordo UE-Mercosur
A conselleira María José Gómez mantivo este mediodía unha xuntanza con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, enmarcada nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores
Medio Rural compromete incrementar os controis ante o acordo UE-Mercosur e citará á distribución para ampliar a promoción dos produtos galegos
A conselleira María José Gómez reuniuse esta mañá en Ourense con representantes da Asociación do Sector Primario de Galicia, dentro dos contactos permanentes que se veñen mantendo cos produtores da nosa comunidade
Rueda defende a protección e difusión da cultura galega como unha prioridade e un esforzo compartido entre administracións e institucións
Agradece o traballo do Consello, protagonista no ciclo de esplendor cultural sen precedentes que está a atravesar a nosa comunidade
Villaverde demanda á Comisión Europea cambiar o rumbo para que a pesca sexa sostible a longo prazo
A conselleira do Mar clausurou o Programa de Dirección de Empresas Alimentarias, incluído en Competemar
Villaverde convoca o Consello Galego de Pesca para trasladar ao sector o resultado da negociación de TAC e cotas
O órgano consultivo reunirase este venres para avaliar os detalles do acordo que acadaron os ministros de Pesca da UE e que tanto prexudica á frota galega
Villaverde cualifica de “nada satisfactorio” os TAC e cotas acordados en Bruxelas e alerta do impacto socioeconómico para a frota galega
A responsable autonómica alerta de que, a falta de analizar con detalle o documento definitivo, os recortes aprobados “supoñen un novo golpe para a frota” e critica o enfoque “medioambientalista" aplicado pola Comisión, que ignorou os informes socioeconómicos
A Xunta reúne na Casa de Galicia en Madrid profesionais do emprendemento musical de referencia a nivel nacional e internacional
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron nesta nova xornada do programa O Camiño do emprendemento musical