Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil acordan crear unha comisión técnica para coordinar actuacións tras os incendios deste verán
O obxectivo é planificar accións conxuntas para protexer os ríos desta bacía do impacto do lume para o cal na comisión haberá representantes das direccións xerais de Patrimonio Natural e de Defensa do Monte, de Augas, da CHMS e dos concellos
Medio Rural destaca o papel das agrupacións forestais de xestión conxunta no incremento da produtividade e loita contra o abandono do monte
A conselleira María José Gómez visitou hoxe dúas destas entidades, situadas no concello ourensán do Bolo, e subliñou a súa contribución ao dinamismo do sector forestal galego, mediante a colaboración público-privada
Pontevedra acollerá unha xornada sobre a historia e o proceso de rehabilitación do Pazo de Lourizán
Celebrarase o vindeiro venres 21 de novembro no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campus Universitario da Xunqueira
Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000
Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
Rueda resalta a aposta da Xunta por consolidar Galicia coma referente na industria forestal, un sector que fixa poboación e xera riqueza e emprego
Lembra que se trata dun sector estratéxico para a economía galega e que permite dispoñer dun monte ordenado que reduce o risco de lumes
Manuel Pardo pon en valor a rápida resposta da Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes na provincia de Ourense
O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para paliar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros
Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes
Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais
A Xunta destina preto de 500.000€ á mellora de infraestruturas rurais na comarca da Limia a través do Plan Camiña Rural
Manuel Pardo explicou que no caso deste municipio, a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destinou 817 euros para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas
Angeles Vázquez visita as actuacións desenvolvidas en Toques para o control da erosión e a mellora de infraestruturas nas zonas afectadas polos incendios
A Xunta actuou en preto de 11 quilómetros de pistas forestais do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade dos núcleos de poboación
A Xunta traslada a súa disposición a seguir colaborando cos concellos de Valdeorras e compartir a súa experiencia para evitar a chegada das cinzas dos incendios aos ríos
O Executivo galego lembra que as competencias na xestión do dominio público hidráulico e dos servizos de abastecemento de auga á poboación na provincia de Ourense corresponden ás Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil e do Douro