Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.002 novas da área temática Industria:

15/02/2026 | 10:19 | C. de Economía e Industria

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para empresas do sector forestal-madeira

Trátase das liñas Xera-savia e Xera-valor, que suman 5 M€ e van destinadas a empresas da segunda transformación e a actividades formativas

14/02/2026 | 15:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que xa está aberta a liña de axudas da Xunta de 3,5 M€ para a mellora de infraestruturas nos parques empresariais

Estará aberta ata o vindeiro 4 de marzo cunha contía máxima de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas

13/02/2026 | 14:23 | C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Stellantis Vigo como motor da automoción ao producir 1 de cada 4 vehículos que se fabrican en España e consolidar a marca Galicia Calidade

Salienta este logro a pesar da complexidade do escenario internacional para o sector polo impacto da electrificación, as novas normativas, a competencia de terceiros países e a política arancelaria xunto co risco de deslocalización

11/02/2026 | 16:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que os informes técnicos confirman que a choiva foi a principal causa do derrubamento na mina de Monte Neme

Defende que a Xunta actuou coa máxima dilixencia, despregando medios de forma inmediata para restablecer a circulación entre os núcleos de Aviño e Razo, e adoptando as actuacións urxentes que os informes técnicos indicaron

07/02/2026 | 15:42 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que as axudas da Xunta para gasolineiras tamén cobren a instalación de grupos eléctróxenos

A convocatoria está aberta ata o vindeiro 9 de marzo e subvenciona, como novidade este ano, a adquisición e instalación de desfibriladores, así como os sistemas para a retirada de diñeiro en efectivo, que xa permitía a convocatoria anterior

06/02/2026 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o 13 de febreiro abren as axudas para a certificación de empresas galegas que queiran ser subministradoras do sector da defensa

Apunta que estarán abertas ata o vindeiro 13 de maio cun orzamento total de 1,5 M€ e axudas máximas de ata 75.000 euros

05/02/2026 | 16:41 | C. de Economía e Industria

Lorenzana recolle as achegas de LugoMadera ao Plan Director do sector forestal-madeira do que destacou o seu liderado a nivel nacional

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo coas responsables da entidade, na que tamén se analizou a situación actual do sector e as necesidades das empresas asociadas

05/02/2026 | 13:55 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Lorenzana defende que o diálogo entre o ámbito xurídico, o empresarial e o institucional é esencial para o desenvolvemento industrial de Galicia

“Galicia quere ser parte activa desa Europa que avanza, que innova e que non renuncia á súa base industrial”, afirma  

05/02/2026 | 13:52 | C. de Economía e Industria

Ana Ortiz destaca as vantaxes do plan Renova o teu Vehículo da Xunta para a compra de vehículos electricos ou de baixas emisións

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria incrementa nesta edición o seu orzamento ata os 3,5 millóns de euros, coa previsión de contribuír á venda en Galicia de 1.600 automóbiles eficientes