Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Transporte:

16/05/2025 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora desde o luns dúas novas paradas de autobús nos lugares de Cesuras e Castelo, en Oza-Cesuras, nunha liña que conecta con Curtis

A incorporación cumpre a demanda da cidadanía para mellorar a conexión entre estes dous concellos veciños

16/05/2025 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa EBici da Xunta abre o prazo para usuarios na nova convocatoria de axudas

O prazo de usuarios abre dende hoxe ata o 13 de novembro do 2026 ou ata que se esgote o crédito

15/05/2025 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reitera que o anuncio de Renfe para reforzar as conexións con Madrid na época estival son “un parche” e deixan a Ferrol sen o único enlace directo coa capital

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destaca que os reforzos anunciados desde o 9 de xuño ata o outubro tan só teñen “afán propagandístico” para os meses de verán e non dan resposta ás demandas reais da cidadanía e ás necesidades de Galicia

14/05/2025 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Ferrol demandan melloras ferroviarias e a inclusión de Ferrolterra no Plan director do Corredor Atlántico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse co alcalde e os voceiros municipais da corporación ferrolá para abordar as actuacións precisas en materia de mobilidade 

14/05/2025 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-564 ao seu paso polos concellos de Cabanas, A Capela e As Pontes

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que se están a executar nun tramo do municipio de Cabanas

13/05/2025 | 18:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta expedientará a empresa responsable de prestar o servizo no autobús escolar que foi inmobilizado en Pontevedra por circular sen ITV e con extintores caducados

Ambas as infraccións considéranse penalidades moi graves polas que cabe impoñer contías de entre 5.000 e 10.000 euros

13/05/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca no Foro do Noroeste a necesidade de respostas compartidas aos retos comúns de Galicia, Asturias e Castela e León

Fai fincapé na importancia dunha conectividade eficaz para o desenvolvemento do territorio, incluíndo a finalización da saída sur ferroviaria Vigo-Oporto. 

13/05/2025 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ ao sector do taxi para facilitar o pago das pólizas dos seguros dos vehículos e a contratación de condutores

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, destacou que estas axudas tratarán de paliar a dificultade para atopar condutores derivada da importante suba dos custos asociados ao servizo de taxi

12/05/2025 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta considera que o Goberno trata de “tapar o caos e incidencias” en materia ferroviaria con “anuncios insuficientes” para as necesidades de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, cualifica como “incomprensible” que mentres que, por exemplo a día de hoxe están á venda os billetes de Madrid a Barcelona ata decembro na comunidade galega “hai que agardar ao 9 de xuño para ter dispoñibles os billetes ata outubro”

12/05/2025 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 20 axudas para a adquisición de taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá da resolución destas axudas de 2024 e da nova convocatoria durante un encontro cun dos beneficiarios