Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.066 novas da área temática Emerxencias e interior:

21/11/2025 | 13:15 | C. do Medio Rural

María José Gómez incide na importancia da xestión da biomasa nas faixas secundarias para previr incendios

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a parroquia de Cudeiro, no concello de Ourense, onde se realizaron actuacións de limpeza e roza ao abeiro do actual convenio asinado coa empresa pública Seaga e a Fegamp

21/11/2025 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na Sesión do Consello Consultivo do Consorcio Provincial contra incendios e salvamento marítimo da Coruña

O asunto tratado na sesión do Consello Consultivo foi a aprobación do Convenio de colaboración entre o Consorcio Provincial e o Grupo Vegalsa–Eroski, centrado na prevención, asesoramento e intervención en emerxencias

20/11/2025 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha vintena de aspirantes a inspectores e inspectores principais de Policía Local ultima a formación na Academia Galega de Seguridade Pública

O director xeral de Emerxencias e Interior participou hoxe na sesión do curso selectivo de acceso á escala executiva, que conta con 15 alumnos

19/11/2025 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do GES da estrada cun vehículo autobomba rural pesada

O director xeral de Emerxencias e Interior asistiu á presentación da dotación, valorada en 270.000 euros e que servirá para mellorar a eficacia das intervencións nos concellos da Estrada, Forcarei, Teo e Vedra

19/11/2025 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta úrxelle ao Goberno central a cubrir as vacantes da Unidade de Policía Adscrita de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes recordou que Galicia leva nove meses agardando unha resposta á proposta formulada polo Goberno galego para firmar un novo convenio e cubrir as vacantes

12/11/2025 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o labor dos profesionais que interviron na loita contra o lume este verán

O director xeral de Emerxencias e Interior participa na Xornada Técnica para Profesionais de Prevención e Intervención de Incendios Forestais organizada pola Deputación de Ourense

12/11/2025 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan case 78 quilos de ameixa na Coruña e Ferrol

Este comiso é o resultado dun operativo contra o furtivismo que se saldou cunha persoa detida por atentado contra axente da autoridade, nove persoas investigadas e a tramitación de oito actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e a Lei de protección de seguridade cidadá