Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a súa colaboración co Concello de Poio para a posta en marcha do futuro centro de día
Fabiola García destaca que este equipamento será fundamental para ofrecer unha atención integral e de calidade, así como para facilitar a conciliación das familias
A Xunta rexistra 6.000 solicitudes do Bono Concilia Familia nas primeiras cinco horas de apertura do prazo
A alta demanda rexistrada constata a boa acollida desta medida pioneira do Goberno galego para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral
A Xunta apunta a importancia de fomentar as iniciativas que favorecen a conciliación, como o campamento de verán de Fagamos
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, lembrou que o Goberno galego financia con 7,4 millóns de euros programas que favorecen o benestar das familias e a igualdade
Fabiola García felicita á veciña centenaria do Porto do Son Carmen Calo Maneiro, que cumpre 104 anos
A conselleira de Política Social e Igualdade visitouna no seu domicilio, situado na parroquia de Baroña, acompañada do alcalde, Luis Oujo
Fabiola García comproba o remate das obras de mellora da escola infantil pública autonómica do Porto do Son, nas que a Xunta investe 50.000 euros
As actuacións realizadas inclúen a instalación dun novo sistema de climatización no centro, a dotación de novos módulos de almacenamento, a colocación dunha nova cancela na entrada e a limpeza e pintado das fachadas
A Xunta inxectará preto de 3,3 M€ ata 2028 no Concello de Ribeira para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar
A conselleira lembra que nesta lexislatura incrementarase nun 50% a achega autonómica a este servizo, que é de competencia municipal
Fabiola García destaca a Tarxeta Benvida da Xunta como medida esencial para apoiar as familias galegas
O Goberno autonómico destina anualmente preto de 32 millóns de euros a esta axuda directa aos pais, que suma preto de 120.000 beneficiarios desde a súa posta en marcha
A Xunta enxalza o labor social da Fundación San Rosendo na súa xornada de convivencia anual en Mondoñedo
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou aos usuarios e representantes da entidade nesta cita
Belén do Campo lembra que está aberta a convocatoria para solicitar as axudas para crear cinco novas casas niño no rural galego
A delegada da Xunta visitou as casas niño Xoaniña e Axouxere un servizo pioneiro que Galicia comezou a implantar hai dez anos e que está a ser imitado por outras comunidades autónomas