Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.184 novas:

30/07/2026 | 11:58 | C. de Sanidade

A Xunta inviste 1,4 M€ no subministro de novo equipamento para o laboratorio de microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Esta contratación implica a renovación dos equipos automáticos para facer probas de sensibilidade aos antibióticos, para a identificación bacteriana rápida e para a renovación de material de tinguidura

30/07/2026 | 11:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego prepara a coprodución internacional ‘A Gaivota, ensaio aberto’ cara á súa estrea o 1 de outubro

Santiago Cortegoso e Neto Portela asumen a dramaturxia e a dirección de escena desta proposta realizada a partir do clásico de Antón Chejov 

30/07/2026 | 11:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal en toda Galicia para controlar a poboación do xabaril

A medida, que entrará en vigor este venres e se manterá ata o 31 de xullo de 2027, permite abater ou capturar se límite exemplares de xabarís de ambos sexos e amplía os períodos nos que se pode exercer a actividade cinexética

30/07/2026 | 10:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta regula a participación dos propietarios do solo no desenvolvemento do Proxecto de Interese Autonómico de San Mauro, en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula dita participación

30/07/2026 | 09:35 | C. de Sanidade

O concello da Estrada participa na campaña estival ‘Un alento de vida’ da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

O municipio pontevedrés acadou no 2025 un índice de 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

30/07/2026 | 08:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 30 hectáreas, parte delas no municipio lucense de Guitiriz

29/07/2026 | 19:21 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas, parte delas no municipio lucense de Guitiriz

29/07/2026 | 19:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta licita as obras de rehabilitación da Capela do Bispo Santo en Foz, na que inviste máis de 100.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que se substituirá a cuberta, restauraranse portas e carpintarías, e renovarase a instalación eléctrica e de iluminación, entre outros elementos

29/07/2026 | 18:44 | C. do Mar