Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.183 novas:

29/07/2026 | 17:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Bande a colaboración para a mellora do acceso ao Mercado do Xurés, que suporá un investimento total de 268.000 euros

Con esta obra crearase un novo espazo público na rúa Camiño Campo da Feira e as parcelas adxacentes, renovando e soterrando os servizos urbanos e repoñendo os pavimentos afectados polas obras anteriores

29/07/2026 | 16:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/07/2026 | 16:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o talento feminino na ciencia coa entrega a África González e Yolanda Prezado do Premio María Josefa Wonenburger

A conselleira salienta que ambas investigadoras son un referente e unha inspiración para as novas xeracións de mulleres nos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía

29/07/2026 | 16:18 | C. do Mar

A Xunta e as confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra evalúan a evolución da campaña marisqueira na lonxa de Campelo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse cos tres pósitos no marco do contacto permanente da Consellería do Mar co sector

29/07/2026 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa no pleno do Consello Nacional de Protección Civil no que se aprobou a actualización das directrices básicas de diferentes riscos

No encontro de hoxe, ao que asistiu por videoconferencia o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, abordáronse os riscos de terremotos, volcánico, químico e autoprotección 

29/07/2026 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación e o Concello de Mos colaboran para implantar o ciclo de FP de soldadura e caldeiraría

Román Rodríguez asina un convenio de colaboración coa alcaldesa, Nidia Arévalo, que permitirá impartir estas ensinanzas do Instituto de Mos

29/07/2026 | 15:38 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 600.000€ para a mellora da rede eléctrica e para renovación da capa de rodaxe nun dos accesos ao polígono industrial de Anxeriz en Tordoia

A delegada tamén explicou que o Goberno galego ten aberta, este ano, unha nova orde deste tipo de axudas, destinada ao reforzo e á extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da comunidade cun orzamento de 2,5 millóns de euros

29/07/2026 | 15:27 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza a excelencia dos viños galegos na LXXIV Festa do Albariño de Cambados

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á inauguración deste evento, ao que definiu como unha cita de referencia na que poder celebrar as producións vitivinícolas galegas

29/07/2026 | 15:24 | C. de Sanidade

A Xunta dá por finalizada desde mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras

A partir de mañá xoves a progresiva entrada dunha masa de aire de orixe atlántico moverá o aire cálido cara ao leste, o que fará descender as temperaturas

29/07/2026 | 15:13 | C. do Mar

A cultura do mar chega a Ribadavia para espertar vocacións polas profesións marítimas na cativada do interior de Galicia

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o campamento municipal da área recreativa da Veronza os obradoiros educativos do proxecto Movemento Azul