Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

18/12/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a solicitar as axudas para coidadores de gando e pon en valor que desde 2023 xa permitiron contratar 75 persoas para previr os ataques do lobo

Ángeles Vázquez indica a Xunta destinará en 2026 preto de 570.000 euros a esta iniciativa que ten como obxectivo axudar ao sector gandeiro en extensivo na contratación de persoal para desenvolver tarefas de pastoreo e manexo de reses

18/12/2025 | 13:12 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe mantense en intensidade media con tendencia decrecente

Esta situación deberá confirmarse na seguinte semana, xa que os datos da semana 50 puideron verse condicionados pola festividade do 8 de decembro e as 4 xornadas de folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central

18/12/2025 | 13:03 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel estratéxico do Cetmar para impulsar a innovación marítimo-pesqueira

O padroado da Fundación aprobou o Plan de Actuación e os orzamentos para 2026

18/12/2025 | 12:59 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o ‘II Mercadiño de Nadal’ que organiza a Asociación de Veciños de San Antonio, en Lugo

Haberá actividades infantís, espectáculos de maxia e un posto solidario de venda de chocolate e café a favor da Asociación Española contra o Cancro

17/12/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inviste máis de 55.000€ en actuacións no Castelo do Bolo e no Santuario das Ermidas na súa aposta polo patrimonio como recurso turístico

Visitou as obras de rehabilitación dun espazo no Castelo do Bolo que permite incrementar os servizos turísticos do recurso e, no Santuario das Ermidas, as intervencións realizadas para a posta en valor do seu patrimonio artístico

17/12/2025 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fai públicas as 471 aglomeracións urbanas identificadas en Galicia para garantir a xestión coordinada dos sistemas de saneamento e depuración

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución co acordo do Consello polo que se aproban estas aglomeracións e se dispón a súa publicación no correspondente rexistro, unha ferramenta creada pola Lei de mellora do ciclo integral da auga

17/12/2025 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2026 as bonificacións no transporte urbano, no que a demanda medrou un 9% con respecto ao ano pasado

Ao importe resultante do desconto xeral do 10% no prezo do billete para as persoas usuarias que paguen coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia engádese unha rebaixa adicional de 50 céntimos nas viaxes urbanas

14/12/2025 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a Telefónica a adquisición do novo computador cuántico do CESGA por máis de 9M€

O novo computador, cunha capacidade de 54 cúbits, localizarase no novo edificio deste centro do Goberno galego e do CSIC no polígono da Sionlla

14/12/2025 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte