Actualidade
Buscador de novas
O Consello Galego de Universidades avanza os trámites para elaborar a oferta de graos e mestrados de cara ao vindeiro curso 2026/27
Román Rodríguez preside a xuntanza, na que se informou de 103 expedientes de verificación e modificación de titulacións que contan con informe inicial de viabilidade
A Xunta gaba a calidade das ensinanzas de FP de Madeira e Moble do IES Losada Diéguez, con dous alumnos premiados na competición Galicia Skills 2025
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o instituto estradense, que é un referente da Formación Profesional na comarca, con instalacións modernas e equipamento punteiro
A Xunta inviste 240.000 euros na ampliación da escola infantil do parque empresarial da Tomada que suma 78 prazas gratuítas
Fabiola García destacou que o Executivo galego financiou a creación deste recurso que se puxo en marcha no ano 2019 cunha achega de 200.000 euros
A Xunta adxudica a Telefónica a adquisición do novo computador cuántico do CESGA por máis de 9M€
O novo computador, cunha capacidade de 54 cúbits, localizarase no novo edificio deste centro do Goberno galego e do CSIC no polígono da Sionlla
A Xunta facilítalle o certificado de aptitude profesional ao alumnado do ciclo de condución de vehículos de transporte por estrada
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Educación, Ciencia, Universidades e FP asinaron o acordo de colaboración que garante completar esta capacitación profesional
A Xunta recoñece a excelente traxectoria de 12 estudantes de ensinanzas artísticas en ámbitos como a música, a danza, as artes plásticas e o deseño
Todos eles veñen de ser galardoados cos premios Fin de carreira de artísticas superiores e extraordinarios na modalidade de artísticas profesionais polo seu bo aproveitamento académico