Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.065 novas da área temática Emerxencias e interior:

29/07/2026 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa no pleno do Consello Nacional de Protección Civil no que se aprobou a actualización das directrices básicas de diferentes riscos

No encontro de hoxe, ao que asistiu por videoconferencia o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, abordáronse os riscos de terremotos, volcánico, químico e autoprotección 

29/07/2026 | 09:00 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua

O lume iniciouse ás 16,44 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

26/07/2026 | 17:41 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa de que os niveis de alerta por ola de calor para mañá luns serán laranxa no interior de Pontevedra e amarelo na montaña de Ourense

Recoméndase beber máis líquido do habitual, usar roupa lixeira e folgada, e evitar a realización de actividades no exterior nas horas centrais do día

26/07/2026 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan máis de 112 quilos de percebe na Coruña

No marco dun operativo contra o furtivismo levado a cabo na costa da cidade, os axentes identificaron 53 persoas e tramitaron 48 denuncias por infraccións da Lei de Pesca de Galicia

25/07/2026 | 17:17 | C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
24/07/2026 | 15:15 | C. do Medio Rural

Galicia mobilizará medios terrestres e aéreos e máis de 60 efectivos para apoiar na extinción dos incendios de Madrid e Castela e León

Esta colaboración enmárcase no contexto actual de declaración de Emerxencia de Interese Nacional realizada polo Goberno de España

23/07/2026 | 15:33 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activará o Platerga e reforzará o transporte público por estrada no eixo atlántico, en Lugo e na Mariña co gallo da eclipse do 12 de agosto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, avanzou hoxe esta medida co obxectivo de ofrecer unha alternativa ao vehículo particular nunha xornada na que se prevé un volume elevado de desprazamentos na comunidade

21/07/2026 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia a 11 concellos da comarca de Bergantiños e Costa da Morte para a contratación de socorristas os meses de verán

A liña de axudas, dotada con 1,5M€, sufragará os gastos da contratación de persoal de socorrismo durante a tempada estival

16/07/2026 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios no concello coruñes de Rois

No que vai de campaña, 13 persoas foron detidas ou investigadas pola UPA como presuntas autoras de lumes forestais